28/09/2007

¿TUX PAINT?

galería de imaxes de tux paint

Non todo é AULA BLOGUE, tamén usamos o ordenador sin conexión a Internet, e un dos programas cos que xa empezamos a traballar o curso pasado é o TUX PAINT.
Para os que teñades interés en descargalo : TUX PAINT

27/09/2007

XA CHEGA O OUTONO

Maite trouxonos á clase unhas landras de .........¿carballo?
Non, de Villarodis que quede claro.
Graciñas Maite, moi boa idea traelas, xa tod@s as miraron e tocaron e ademáis fixemos a diferenciación da palabra en galego (landras) e en castelán (bellotas).

¿Cantas landras trouxo Maite?
A resposta podedela escribir en comentarios.

26/09/2007

OS NOSOS NOMES SON DE CORES

¿Cal é o color do teu nome?

CLARA, LUCAS, ELOY, GONZALO, AINHOA, LAURA, PABLO, AARÓN, SARA, DIEGO, SELENE, JORGE, LOLA, ALBERTO, FIKRE, CRISTINA, LAURA, HELENA, LUCIA, LUCIA, ALBA, JULIA, NEREA, MAITE, ANA.

25/09/2007

ADIVIÑA QUEN FALTA


Esta é a primeira foto de toda a clase que publicamos no noso blog, en realidade non estamos tod@s así que tedes que ADIVIÑAR quen é o/a QUE FALTA .

23/09/2007

MÁIS MIRADAS Á PINTURA

Máis miradas á pintura, é unha selección de cadros de diferentes artistas que nós iremos observando na clase para apoiar visualmente o tema "O Corpo".
Ademáis utilizaremos as clásicas láminas que son tan utiles no día a día da aula.

20/09/2007

ACTIVIDADES TIC

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Estamos empezando o curso e unha das rutinas que temos xa establecidas é a de ir o ordenador.
Nesta semana a actividade é entrar en "MIRADAS Á PINTURA", e aprender a movernos dentro dela, facendo fincapé no uso das flechas que nos ofrece o menú para avanzar e retoceder.
Os turnos son de pouco tempo para que cada día poida ir cando menos a metade da clase .

19/09/2007

ESTE VAI SER O NOSO HORARIO

Información dos horarios das mestras especialistas que entran na nosa aula:
Os luns teremos MÚSICA.
Os martes teremos RELIXIÓN CATÓLICA / EVANXÉLICA / ACTIV. ALTERNATIVAS.
Os xoves PSICOMOTRICIDADE.
E os venres INGLÉS.

17/09/2007

MIRADAS Á PINTURA


Un estupendo recurso educativo que atopei no portal da Xunta , realizado por un equipo de mestres e mestras do Colexio Alfredo Brañas (Paiosaco - Laracha).

14/09/2007



Fikre está formal e serio como a ocasión o merece mentras @s compañeir@s o felicitan polo seu cumpleanos.

13/09/2007

A REVISTA DO NOSO COLEXIO


No noso Centro funciona desde o curso escolar 2003-2004 unha revista escolar na que van aparecendo artigos e novas relacionadas co noso día a día no Colexio.
Este curso a imaxe de benvida anima a comezar con ilusión.

12/09/2007

O PRIMEIRO DÍA


Xa estamos en marcha, e para empezar o curso con ganas nada mellor que un espectaculo de animación con música, contos e risas compartidos co resto dos compañeir@s de Infantil.
Os animadores son da compañia Duende Sico.

10/09/2007

UN NOVO CURSO







Neste novo curso 2007-2008 na nosa clase hai unhas pequenas novidades: por un lado dicirvos que cambiamos de aula, subimos ó piso de arriba; e por outro que seremos dúas profesoras as que compartiremos a titoría: María e Matilde.
Unha benvida calurosa e ata pronto