26/12/2009

QUEN É O APALPADOR?

O APALPADOR  CHEGA Á CORUÑA.



O Apalpador en Vieiros na escola.
Entre tanto Papá Noel, Reis Magos ou Santa Claus, xurde das montañas de Lugo unha figura que chega a nós da man da xente do Courel que aínda se lembra desta tradición tan fermosa...
blog de Leandro Lamas, autor da imaxe do Apalpador.
Tarxetas do Apalpador e Nadal

.

22/12/2009

UN CAGANER CENTO POR CENTO CORUÑÉS

Por fin temos un caganer galego, cento por cento coruñés, que dixo Laura a súa creadora, a isto chámolle fusión, mestizaxe ...
As tradicións unen culturas, coñecendo as propias achégamonos ao resto do mundo.
Boas vacacións!!!

14/12/2009

NOMINACIÓNS EDUBLOGS

Dous blogs de inglés coñecidos por nós están nominados os premios:


Un deles é o de Rosa Fernández, unha das profesoras de inglés do noso colexio.
Parabéns a Rosa e grazas polo seu traballo coas tics, do que disfrutamos toda a comunidade escolar.
ENGLISH WITH ROSA
"Do you want to practise your English?... This is the blog for you. Here you can read, write, play, sing, learn and have lots of fun... but all in English"
Artigo da revista electrónica do colexio sobre o tema.
O outro blog ao que fago referencia:
Think in English
"An EFL blog for my pupils at "CEIP Ponte dos Brozos", State Primary School in Arteixo town - Galicia - Northwest Coast of Spain"
de Aurora Jove, profesora de inglés no Ceip Ponte dos Brozos de Arteixo, coa que eu aprendin a facer blogs e a aplicación dos mesmos no proceso do ensino-aprendizaxe.
Parabéns,Aurora!!!

13/12/2009

UN PREMIO PARA IAGO NO CONCURSO: EU TAMÉN TEÑO DEREITOS, DO CONSELLO XERAL DA AVOGACÍA.

Unha boa nova!!!
Lembrádes a Iago, agora ten un premio por unha curtametraxe feita pola súa nai, xunto con outras dúas curtametraxes galegas, que tratan dos dereitos dos nen@s.

04/12/2009

GUIA DO CEO EN DECEMBRO E COSMICONTOS


"O sábado 5 e o domingo 6 de decembro os máis novos teñen unha cita ás 17 horas na Casa das Ciencias. Da man do grupo Chévere celebraranse Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo pensados para nenos entre 4 e 10 anos. É unha actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia".



fonte: A Coruña Cultura

01/12/2009

FANTÁSTICO!!!

23/11/2009

SE QUEREDES APRENDER A SACAR FOTOS COA CÁMARA WEB SÓ TEDES QUE MIRAR O SEGUINTE VÍDEO-TITORIAL

Como xa sabedes na diversidade de actividades que realizamos no EDI adicamos un tempo ao manexo da cámara web, gravación de vídeos, fotos....
No seguinte vídeo - titorial podedes ver claramente o proceso coa explicación duns expertos na materia:



Nesta ocasión capturamos imaxes de mans e pés, no lateral do blog tedes o resultado.

19/11/2009

11/11/2009

08/11/2009

QUEDACHES SIN PLASTILINA, NON PASA NADA...

mesturas fariña auga e sal, e a modelar!



en breve os resultados
.

05/11/2009

01/11/2009

FUTBOL NON COMERCIAL

Estas imaxes teñen pouco que ver coas novas que estamos acostumados nos medios sobre este deporte: fichaxes por cantidades astronómicas, pelexas entre seguidores...
O futbol como calquera deporte ten moitos valores educativos que penso que no vídeo FUTBOL NON COMERCIAL quedan ben reflectidos.


27/10/2009

A GRAN ORQUESTA DOS ANIMAIS

Un novo vídeo para o noso vídeo-blog.

Fantástico!!!
Esa é a miña opinión, a vosa podedes  deixala nos comentarios.

23/10/2009

PINTANDO A CHUVIA, ESCOITAS CHOVER!!!

Nesta actividade queda moi ben reflectido como a linguaxe gráfica é intuitiva para os nenos e nenas, que teñen no debuxo unha expresión natural, unha maneira de comunicarse sen intermediarios.

video video

21/10/2009

FOTOADIVIÑA

A solución da fotoadiviña está neste vídeo, a verdade é que non fixo falta nada de axuda... o mellor ten que ver con que a imaxe é unha das fotos que fixeron coa cámara web, as demáis fotos pódense ver no álbum CASTAÑAS.

video

20/10/2009

ADIVIÑA QUE APARECE NA FOTO.

Neste enlace tedes moitas pistas...

19/10/2009

ENGLISH WIT ROSA

Rosa, a profe de inglés que chegou este ano o colexio, trouxo consigo un interesantisimo blog, quedades convidad@s a visitalo, e por descontado xa forma parte do BLOGUEANDO.

16/10/2009

MEDUSAS NO PORTO DA CORUÑA

Non se fala máis que da plaga de medusas e non ibamos deixar pasar unha ocasión tan boa para aprender algo das mesmas.



Outros vídeos de medusas:
- invasión de medusas.
- grande medusa.
- medusa azul.

13/10/2009

AS PRIMEIRAS GRAVACIÓNS EN EQUIPO

Por fin irán aparecendo os primeiros vídeos gravados en equipo, ou o que se chama na linguaxe TIC as primeiras narracións dixitais.

Xa víchedes cal é proceso na entrada: enfoca pulsa e conta.

Agora irán aparecendo as producións de cada equipo que estarán etiquetadas como narrativa dixital.

video video video video video

Como podedes comprobar  temos que axustar algún pequeno detalle: o son, o movemento da cámara... 

09/10/2009

ARRASTRA OU CLIKA CO RATO

Un exemplo de xogo divertido e sinxelo para adquirir destreza no manexo do rato, algo imprescindibel nas nosas aulas.


fonte: rebujito.net, nesta páxina atoparedes moitos máis, está enlazada no lateral do blog, no apartado adicado a recursos.

06/10/2009

ENFOCA, PULSA E GRAVA UN VÍDEO...

Falar diante dunha cámara ten a súa dificultade, enfocar coa cámara web traballa a coordinación óculo-manual, por último pulsar para dar comenzo e remate a unha gravación precisa atención...unha actividade ben completiña e sinxela a que estamos a facer nesta semán no Encerado Dixital Interactivo,  para mostra neste vídeo podedes ver un exemplo da mesma.

E pronto veremos os resultados das gravacións!!!



05/10/2009

01/10/2009

CICLO DE ANIMACIÓN NA LUÍS SEOANE.

Ten moi boa pinta, e de paso podemos  dar un paseo virtual pola fundación Luís Seoane.
ciclo_animacion

25/09/2009

É OUTONO E VAI CALOR...

mellor, así poderemos dar un paseo polo monte e se cadra atoparmos sorpresas coma neste vídeo que xa forma parte do noso vídeoblog.


22/09/2009

OS DEDOS TEÑEN NOMES

E de seguro que teñen moitos nomes diferentes...

video

20/09/2009

OS PRIMEIROS DÍAS DO CURSO.

Unhas imaxes das nenas e nenos de 4 anos para ilustrar os primeiros días do curso 2009/ 2010.


video
Benvid@s o novo curso!!!

18/09/2009

ESCOLA 2.O

Cando menos da que pensar...

16/09/2009

O VERÁN ESTÁ A PUNTO DE REMATAR.

Pronto estará listo o primeiro vídeo deste curso, mentras tanto imos despedindo o verán coas pinturas de Leandro Lamas.

07/09/2009

MENTRAS ESPERAS O COMEZO DAS CLASES MIRA AO CEO...

e fai plans para este novo curso!


30/06/2009

ESTOMBÁLLATE NO COLEXIO!!!

O MELLOR DO PROXECTO FOI COMPARTILO.


Por fin!!!



e así se fixo...

23/06/2009

ESTIVEN ESTOMBALLADA!!!

Un pouco a verdade é que si..., menos mal que está a milnen@s espelida.




Non faltedes!!!

22/06/2009

XA REMATARON AS CLASES!!!

Xa ramataron as clases e comezan as festas do verán coas cacharelas do San Xoan, unha das nosas festas máis celebradas...e xa sabedes "NO SAN XOÁN A SARDIÑA MOLLA O PAN".

Photobucket

16/06/2009

LABAÑOU, UN BARRIO DE CINE.

Hai 50 anos que se gravou a película EL ANDAMIO (1958) en Labañou.
Agora rescatada e restaurada poderemos vela, xunto cun documental sobre a mesma, este xoves 18, as 8 da tarde, no MACUF.

11/06/2009

MÁIS NABELAS ... MÁIS SORRISOS.

Unha nova serie de fantásticos debuxos da Nabela feitos nas clases de Teresa e Ana... por suposto está sorrindo.

video video

08/06/2009

COA MÚSICA DO SENEGAL TANTO DURMES COMO BAILAS

E cando rematou a proxección comezou a música e o baile.

A PROXECCIÓN DAS FOTOS DOU PARA MOITO

E claro, nunha mesma foto hai moitas miradas diferentes...

04/06/2009

CANTAS NABELAS E TODAS CUN SORRISO

Como vedes cada nena e cada neno ten unha Nabela de seu, pero todas están sorrindo... o mellor é que o vexades no vídeo.

video

E pronto aparecerán máis imaxes!!!

02/06/2009

SAMBA CANTA UNHA CANCIÓN DE BERCE E SERGIO QUEDA DURMIDO

Neste vídeo hai un adianto do que aconteceu na actividade que compartimos hoxe da man de Nabela, coas fotografías de Gabriel, a música de Samba, Paco e Pele (músicos do Senegal) e a mirada e oído entusiata das nenas nenos de 3 anos do colexio.

Canto antes tentarei de editar o resto da gravación, xa vedes que non me puiden resistir a mostrarvos unhas imaxes que non precisan comentarios...ou si!!! grazas por vir e facernos pasar este rato tan marabilloso sin pedir nada a cambio.



video

31/05/2009

ÁFRICA : IMAXES E MÚSICA NO COLEXIO


Dentro das actividades relacionadas con Nabela e o seu sorriso, que estamos a facer nas aulas de 3 anos, o próximo martes virán ao colexio :
Gabriel Tizón, que proxectará imaxes de África (sonrisas del sur) e membros da ONG Equus Zebra cun obradoiro musical... que mellor que isto para seguir coñecendo a súa diversidade cultural.







29/05/2009

ACTUACIÓN DE MAMÁ CABRA NAS CONCHIÑAS!!!

Sábado 30:

Carpa na Praza das Conchiñas. Entrada de balde

11:00.- Animación de rúa a cargo de Manicómicos

11:45.- Xogos

12:45.- Actuación musical. Pablo Díaz: “Tic-tac”

17:00.- Teatro de monicreques. “Albízaras”, da compañía Falcatrúa

18:15.- Actuación musical. Mamá Cabra

Organiza: Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística e Concellaría de Cultura

27/05/2009

A NABELA DO SORRISO VIVE EN ÁFRICA


Nabela co seu sorriso achégounos a África...

África
?
É grande?
Está lonxe?
Ten praia?
Temos que investigar!!!

25/05/2009

24/05/2009

QUE BEN NOS ESTOMBALLAMOS!!!

Un éxito!!!, casi 200 persoas compartindo unha xornada divertida estomballándonos nos distintos espazos do colexio.
A organización da actividade foi a medias entre a ANPA milnen@s e nubes producións, todas as persoas que se achegaron tiveron moita paciencia esperando a quenda para gravar, agora tamén fai falla paciencia para ver o vídeoclip...as imaxes prometen, aí vos queda un pequeno adianto.



Grazas por compartir e transmitir ilusión!!!

18/05/2009

ESTOMBÁLLATE NO COLEXIO


Un exemplo de como nos podemos estomballar ou estar a piques de facelo.

Na revista dixital do colexio está o vídeo-demostración de como estomballarn@s...

Na web da ANPA milne@s están polo labor de estomballarse no colexio...

No Facemos Música , o blog de Laura Pazos (unha das profesoras de música do colexio), sae a definición de ESTOMBALLAR , botádelle un ollo...


Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse."

LEMBRA QUE O XOVES 21 ÁS 5 SE TE ACHEGAS O COLEXIO PODERÁS ESTOMBALLARTE CON NÓS!!!

16/05/2009

14/05/2009

ESTOMBÁLLATE NO COLEXIO

Estombaqué?
Estombállate no colexio é o titulo do videoclip que se gravará o xoves 21 e no que estades convidados a participar...pero mellor é que escoitedes a cuña publicitaria e que esteades atentas ou atentos ás novas que irán saíndo nos blogs e webs da nosa comunidade virtual: Facemos Música, revista dixital, cousas do cole, ou web milnen@s.



XA SABES... O XOVES 21 ÁS 5 NO COLEXIO PARA ESTOMBALLARTE!!!

10/05/2009

NABELA ,GABRIEL E A SÚA HISTORIA

Gabriel Tizón contoume un día a fermosa historia de Nabela, do seu sorriso e vitalidade nun mundo cheo de dificultades e carencias...cando menos da que pensar, non sí?




O SORRISO DE NABELA:

Todas as mañás escoitaba un sorriso que destacaba por riba da algarabía dos nenos mentres xogaban, o de Nabela, unha nena de 6 anos que estaba todo o tempo bromeando e vacilando os seus amigos. Era a miña veciña, vivía cos seus curmáns e irmáns nunha casa moi pobre. Un día achegouse para que lle fixese unha fotografía; mentres a fotografiaba, vacilábame todo o tempo e ao final fixo que rise sen parar creando unha das sesións máis divertidas da miña vida. Ao seu lado viña o seu curmán de 5 anos, presentoumo como “amigo chorador”, porque dicía que estaba todo o tempo chorando por parvadas. O "amigo chorador" ás veces choraba porque tiña fame. Estivemos 21 días xogando e paseando cada vez que nos encontrabamos, nunca a escoitei queixarse de nada e faltáballe de todo: comida, saúde, xoguetes…Un día, mentres paseabamos, compreille uns chupetes ( piruletas) nunha tenda que era un antigo contedor de barco; ao collelos achegouse a un neno que non coñecía de nada e regaloulle un dos doces, despois miroume e escachou a rir. Ensíname como ninguén o pouco que vou coñecendo o continente africano desde un punto de vista que nunca se emprega á hora de falar sobre África, desde o sorriso, desde a esperanza, desde a ilusión..., xa que a pesar de moitos é un lugar de alegría e humor.

video

07/05/2009

AS MANS ... DE CORES!!! UN MURAL EN SOPORTE DIXITAL

Unha actividade moi sinxela para rematar a segunda parte da historia das mans:


Coa sombra das mans proxectada no EDI, só temos que escoller cal é a cor que máís nos gusta para a nosa man,(neste caso as catro cores dos rotuladores do encerado interactivo), e con axuda debuxar o perfil.



...e xa temos un mural clásico en soporte dixital.

06/05/2009

NOVIDADE NO VÍDEOBLOG.

Un animado paseo pola selva, acompañados de divertidos animais e coa música de Nicole Willis.

05/05/2009

SÓ QUEN SABE PODE ESCOLLER

28/04/2009

O SORRISO DE NABELA

Xa rematamos a primeira parte das actividades dunha historia de mans, e agora coñecemos a NABELA, unha das protagonistas...aínda nos queda un poco para saber máis dela.


video

27/04/2009

NOVAS NO PODCAST : MÚSICAS NO MUNDO


Xa temos unhas cantas músicas no mundo: o mellor de todo é que as escoitamos na clase (as vantaxes de ter internet) e deste xeito imos afacendo o oído ao son das distintas linguas.
Hoxe a novidade ven de Polonia, a ver que vos parece...atopeina no álbum Comptines e Berceuses, como algunha das outras, (no podcast aparece a información).
Coma sempre espero as vosas suxestións!!!

24/04/2009

A QUEN LLE CONTAMOS AGORA O QUE VEMOS NA FOTO?

Pois á gravadora de sons do portatil, unha maneira sinxela de gravar.
Nesta actividade o proceso da primeira sesión é observar, contar, gravar e escoitar o resultado da gravación.
Nunha segunda sesión e unha vez editado o vídeo xogamos a recoñecer voces.



video

23/04/2009

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL, UNHA BOA NOVA NO DÍA DO LIBRO.

W.L.D.


"El 21 de abril se presentó en París la Biblioteca Digital Mundial (WDL), que nace para compartir los tesoros culturales de todo el mundo en un único lugar. Estos tesoros culturales incluyen la digitalización de todo tipo de documentos: manuscritos, mapas, libros poco comunes, partituras musicales, grabaciones, películas, grabados, fotografías, ... en siete idiomas distintos."

fonte: Juán Bejar

20/04/2009

UNHA HISTORIA DE MANS QUE SEGUE..

...con outro grupo da aula de 3 anos A.

video

16/04/2009

NA PRIMEIRA SESIÓN DA HISTORIA DE MANS...

... o primeiro é observar a imaxe en grande na pantalla do EDI, tocala, contar o que pasa na foto...

video

...e a encher de cores as mans.