31/05/2009

ÁFRICA : IMAXES E MÚSICA NO COLEXIO


Dentro das actividades relacionadas con Nabela e o seu sorriso, que estamos a facer nas aulas de 3 anos, o próximo martes virán ao colexio :
Gabriel Tizón, que proxectará imaxes de África (sonrisas del sur) e membros da ONG Equus Zebra cun obradoiro musical... que mellor que isto para seguir coñecendo a súa diversidade cultural.







29/05/2009

ACTUACIÓN DE MAMÁ CABRA NAS CONCHIÑAS!!!

Sábado 30:

Carpa na Praza das Conchiñas. Entrada de balde

11:00.- Animación de rúa a cargo de Manicómicos

11:45.- Xogos

12:45.- Actuación musical. Pablo Díaz: “Tic-tac”

17:00.- Teatro de monicreques. “Albízaras”, da compañía Falcatrúa

18:15.- Actuación musical. Mamá Cabra

Organiza: Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística e Concellaría de Cultura

27/05/2009

A NABELA DO SORRISO VIVE EN ÁFRICA


Nabela co seu sorriso achégounos a África...

África
?
É grande?
Está lonxe?
Ten praia?
Temos que investigar!!!

25/05/2009

24/05/2009

QUE BEN NOS ESTOMBALLAMOS!!!

Un éxito!!!, casi 200 persoas compartindo unha xornada divertida estomballándonos nos distintos espazos do colexio.
A organización da actividade foi a medias entre a ANPA milnen@s e nubes producións, todas as persoas que se achegaron tiveron moita paciencia esperando a quenda para gravar, agora tamén fai falla paciencia para ver o vídeoclip...as imaxes prometen, aí vos queda un pequeno adianto.



Grazas por compartir e transmitir ilusión!!!

18/05/2009

ESTOMBÁLLATE NO COLEXIO


Un exemplo de como nos podemos estomballar ou estar a piques de facelo.

Na revista dixital do colexio está o vídeo-demostración de como estomballarn@s...

Na web da ANPA milne@s están polo labor de estomballarse no colexio...

No Facemos Música , o blog de Laura Pazos (unha das profesoras de música do colexio), sae a definición de ESTOMBALLAR , botádelle un ollo...


Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse."

LEMBRA QUE O XOVES 21 ÁS 5 SE TE ACHEGAS O COLEXIO PODERÁS ESTOMBALLARTE CON NÓS!!!

16/05/2009

14/05/2009

ESTOMBÁLLATE NO COLEXIO

Estombaqué?
Estombállate no colexio é o titulo do videoclip que se gravará o xoves 21 e no que estades convidados a participar...pero mellor é que escoitedes a cuña publicitaria e que esteades atentas ou atentos ás novas que irán saíndo nos blogs e webs da nosa comunidade virtual: Facemos Música, revista dixital, cousas do cole, ou web milnen@s.



XA SABES... O XOVES 21 ÁS 5 NO COLEXIO PARA ESTOMBALLARTE!!!

10/05/2009

NABELA ,GABRIEL E A SÚA HISTORIA

Gabriel Tizón contoume un día a fermosa historia de Nabela, do seu sorriso e vitalidade nun mundo cheo de dificultades e carencias...cando menos da que pensar, non sí?




O SORRISO DE NABELA:

Todas as mañás escoitaba un sorriso que destacaba por riba da algarabía dos nenos mentres xogaban, o de Nabela, unha nena de 6 anos que estaba todo o tempo bromeando e vacilando os seus amigos. Era a miña veciña, vivía cos seus curmáns e irmáns nunha casa moi pobre. Un día achegouse para que lle fixese unha fotografía; mentres a fotografiaba, vacilábame todo o tempo e ao final fixo que rise sen parar creando unha das sesións máis divertidas da miña vida. Ao seu lado viña o seu curmán de 5 anos, presentoumo como “amigo chorador”, porque dicía que estaba todo o tempo chorando por parvadas. O "amigo chorador" ás veces choraba porque tiña fame. Estivemos 21 días xogando e paseando cada vez que nos encontrabamos, nunca a escoitei queixarse de nada e faltáballe de todo: comida, saúde, xoguetes…Un día, mentres paseabamos, compreille uns chupetes ( piruletas) nunha tenda que era un antigo contedor de barco; ao collelos achegouse a un neno que non coñecía de nada e regaloulle un dos doces, despois miroume e escachou a rir. Ensíname como ninguén o pouco que vou coñecendo o continente africano desde un punto de vista que nunca se emprega á hora de falar sobre África, desde o sorriso, desde a esperanza, desde a ilusión..., xa que a pesar de moitos é un lugar de alegría e humor.

07/05/2009

AS MANS ... DE CORES!!! UN MURAL EN SOPORTE DIXITAL

Unha actividade moi sinxela para rematar a segunda parte da historia das mans:


Coa sombra das mans proxectada no EDI, só temos que escoller cal é a cor que máís nos gusta para a nosa man,(neste caso as catro cores dos rotuladores do encerado interactivo), e con axuda debuxar o perfil.



...e xa temos un mural clásico en soporte dixital.

06/05/2009

NOVIDADE NO VÍDEOBLOG.

Un animado paseo pola selva, acompañados de divertidos animais e coa música de Nicole Willis.

05/05/2009

SÓ QUEN SABE PODE ESCOLLER