14/12/2010

PEQUENO AZUL, PEQUENO AMARELO.

Unha preciosa historia do autor que máis limos este trimestre, mentras, na trastenda do AULA BLOGUE seguimos a preparar as gravacións de Frederick... pronto estarán listas!!!.

06/12/2010

26/11/2010

23/11/2010

NOVO EPISODIO EN RADIO FREDERICK

radio Frederick emitindo  un novo episodio!!!
Comeza a narración do texto de Frederick, os nenos e nenas poñen a voz e os demais as orellas para gozar con este marabilloso texto.
Pouco a pouco, coma sempre, hoxe as primeiras frases para que nos queden ganas de escoitar máis.

17/11/2010

GRAVANDO CON FREDERICK.

Aqui vos queda o texto de Frederick.
Nestes días, nas sesións adicadas á expresión oral, estamos a gravar o texto do libro de Frederick, coas voces dos nenos e nenas de 5 anos, pronto o  escoitaremos na nosa radio en liña : radio Frederick.
Pulsade na lupa que ten o + para ver o texto en grande!!!


Frederick, o texto.

03/11/2010

CONÉCTATE Á RADIO FREDERICK...

...coas voces dos nenos e nenas de 5 anos, todo o que acontece no noso colexio arredor do mundo de Frederick.
Frederick, supoño que tod@s lembrades quen é?
 Escoita a primeira emisión:

23/10/2010

UNHA INVASIÓN DE RATOS DE CAMPO NO "COLE AZUL"

PERO... CANTOS FREDERICK HAI? DE ONDE SAIRON?
Cantas preguntas sen resposta...
No corredor da planta baixa do colexio,(cole azul), está a pasar algo estraño, se vos fixades ben, hai ratos de campo por todas partes, mmm... exactamente ratos de campo con unha flor vermella na man,  teñen un asombroso parecido con FREDERICK, o protagonista do conto que estamos a ler este trimestre. Mirade  esta galeria de fotos que fixen o venres antes de sair ...




frederick

A que se parecen moito a Frederick!!!


19/10/2010

VIOLETA CONFIRMA QUE NA BIBLIOTECA DO BARRIO TEÑEN O LIBRO DE FREDERICK...

...e que ten as mesmas ilustracións que o que temos no colexio, non di nada do texto, pero seguiremos con moita atención calquera nova que vaia aparecendo.

Violeta comproba que o libro de Frederick... from Maria on Vimeo.

03/10/2010

NOVAS DO "AULA BLOGUE" PARA O CURSO 2010/2011

Un novo curso sempre vai acompañado de cambios no blog, relacionados coa organización dos contidos e para facilitar a navegación polos mesmos:
- PROXECTO TOUPIÑAS:
Lembrades que o curso pasado a toupiña chegou a Polonia e nos contaba o conto en polaco, que ben a entendiamos!!!,  tamén é verdade que sabemos o conto de memoria, pois este curso seguirá viaxando na busqueda de outras escolas, que falan noutras linguas e mostrando todo aquilo que vaia atopando na súa viaxe.
- OS CONTOS CONTADOS: Espazo en construción adicado as lecturas que facemos na aula, no que irán aparecendo as actividades relacionadas coas mesmas,  polo dagora xa sabedes que FREDERICK é o conto do mes.
- NENAS, NENOS, GRILOS, CANCIÓNS, POESÍAS  e a saber cantas cousas máis:  espazo en construción creado para facer o seguimento das actividades relacionadas coa expresión oral, dramatización e movemento.
Queda algunha novidade máis da que xa vos irei informándovos un pouco máis adiante.
E por suposto seguiremos co CAPTURANUBES TV!!!

29/09/2010

QUE BEN CANTAN EN GALEGO NA INDIA!!!

24/09/2010

A viaxe de María, unha historia ben contada...

por Miguel Gallardo, debuxante marabilloso e pai de María, unha nena con superpoderes que chegou de Marte, e a que este mundo lle resulta estrano.

21/09/2010

QUEN É FREDERICK?

Iso me pregunto eu, quen será este Frederick?
O nome non da moitas pistas, aínda que algunha información si que nos aporta.
Os nenos e nenas de 6º de infantil saben de quen estamos a falar... preguntadelles e veredes cantas cousas lindas vos poden dicir de ese tal: FREDERICK

Aqui vos deixo unha foto para que poidades recoñecelo se o vedes pola rúa, na praia, na tenda, na biblioteca do parque, na do colexio...

19/09/2010

RADIO 3 EMITE UN PROGRAMA DE MÚSICA PARA NENAS E NENOS DE CALQUERA IDADE.

Unha moi boa nova!
Como lo oyes,infantil.
 Sábados e domingos de 9 a 1O.
Na web de radio 3  pódense escoitar os podcast dos programas.
Un adianto do primiero programa:
Minimusica de Nuria Muntaner:





09/09/2010

QUE FALLA FAI QUE VAIAN Á ESCOLA ESTES RAPACES, ESTÁN A MONTE...

É un dito que se escoita moito cando chegan estas datas, xa se dicía cando eu era nena, pois:
 Xa está aqui o novo curso!
Un novo reto para este blog, un curso novo no que seguir compartindo lecturas, músicas, actividades, proxectos nosos, proxectos doutros colexios... en fin:

ÁS 9 DA MAÑÁN, COMA SEMPRE, VÉMONOS NO COLE AZUL.
Neste vídeo podedes ver algunhas imaxes do comezo do curso pasado.


comezo do curso 2009/2010 from Maria on Vimeo.











22/06/2010

CRIAS DE RÁ

NOVIDADE:

Unha nova sección na canle CAPTURANUBES TV:
Documentais, na que irán aparecendo os vídeos relacionados coas cousas da natureza.


crias de rá from capturanubes on Vimeo.

18/06/2010

MARABILLOSO SARAMAGO.

08/06/2010

NOVIDADES NO AULA BLOGUE, UNHA CANLE DE TV, CON PROGRAMACIÓN Á CARTA.

Si, si, unha canle de tv con produción propia!
Ou tamén un xeito de divulgación, a través dos vídeos,  dos contidos, que estamos a traballar nas sesións de psicomotricidade, expresión e iniciación á tecnoloxía , que son as que realizan comnigo, aínda que a maior parte  xa os fun amosando no blog cando se ían facendo as actividades.
O volume de vídeos foi aumentando  ao longo destes dous cursos, o mesmo que a diversidade de contidos, por iso penso que este formato , simulando unha canle de tv, pode facilitar a navegación polos mesmos, co fin de que os nenos e nenas atopen os seus preferidos.
Pouco a pouco irei subindo os que faltan... paciencia  e grazas pola vosa participación.
Non esquezades deixar as vosas opinións nos comentarios!!!

06/06/2010

CRI CRI, GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS, CATALÁ, POLACO, RUSO, FRANCÉS, BRASILEIRO..

Neste curso, no tempo adicado á expresión, fixemos moitas actividades relacionadas coas linguas e non só coas "clásicas" como galego, castelán e inglés, que forman parte do currículo. 
Por sorte para tod@s puídemos achegarnos a outras linguas coa axuda dos alumnos e alumnas que as falan, e por suposto das súas familias:
Aprendéronnos:
Milena, falando ruso. 
Igor e Basia, nai de Igor, que nos contou o conto da toupiña en polaco. 
Martí, falando en catalá.
Adrielli, falando o brasileiro. 
Eu mesma, co francés.
Pero sen dubida a lingua que máis gustou foi o cri cri, coa fantástica canción do libro "A nena e o grilo". 
Este vídeo amosa unha conversa na asamblea, sobre as linguas:


falando das linguas from Maria on Vimeo.

04/06/2010

MARIA Y YO

"María ten 14 anos, un sorriso contaxioso, un sentido do humor especial e autismo..."



Máis información sobre María y yo.
Perfil do facebook de María y yo.

03/06/2010

XULIA

02/06/2010

QUE É UNHA ARROBA?


E que vai ser!!!
O debuxo que ten a arañiña Internet na súa barriga.

18/05/2010

MAPAMUNDI

Seguimos a enredar nos mapas, unhas veces inventando mundos imaxinarios no encerado dixital, outras observando e debuxando  o mapamundi con ferramentas do máis tradicionais como son uns folios e unhas ceras de cores.
A  canción de fondo,  o cricri da nena e o grilo,  fala das diferentes linguas e o marabilloso que é coñecelas,  neste curso xa temos experimentado con algunhas:

-  O cricri
-  O ruso
-  O polaco
pronto e coma sempre coa vosa colaboración falaremos  brasileiro, catalá,  francés...
MERCI, GRAZAS, GRACIAS, OBRIGADA, THANKS!!!


a curiosidade por coñecer from Maria on Vimeo.

14/05/2010

...14, 15, 16,

17 de maio día das letras galegas, 18, 19, 20, 21...

 Caen as follas.
Sinto unha cousa
que se apousa en min e no me toca…
Uxio Novoneyra 

Convidovos a visitar a páxina da  coordinadora galega de normalización e dinamización lingüistica.

EN GALEGO TES TODO POR VIVIR!!!




11/05/2010

INVENTANDO UN MUNDO!!!

Os mapas en liña achégannos ao mundo a través das aplicacións da web 2.0, estes días estamos a traballar no encerado dixital con Google Maps, unha ferramenta fascinante que nos permite facer percorridos visuais da maior parte do planeta.: O SUPERATLAS!

Illa Barquiña no medio do mar

Illas, mares, cidades, camiños, selvas, desertos... cantas cousas diferentes que ver nos mapas!!!
E como non, no encerado diixital, xa estamos a facer os nosos propios mapas, inventando un mundo imaxinario cheo de posibilidades.



Illa Bolboreta


20/04/2010

METIDOS DENTRO DAS FIGURAS XEOMÉTRICAS

Sinxelo e rápido, só temos que:
. Usar a cámara web para facer unha foto de grupo.
. Abrir o notebook.
. Poñer un fondo de cor,opcional.
. Ir o menú.
. Pulsar
:
Figuras xeométricas, escoller unha.
Bote de pintura.
Recheo de imaxes.
. Buscar a imaxe de grupo na carpeta correspondente.
. Arrastrar a imaxe até a figura ou pulsar dentro dela.

07/04/2010

31/03/2010

USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, COMUNICANDO!

25/03/2010

NO DÍA DA POESÍA , ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía De Castro

Escoita como recitamos a Rosalía na clase.



Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adios, para sempre adios!
 ¡Adios groria! ¡Adios contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!
 Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quen pudera non deixar!
 

    Mais son probe e, ¡mal pecado!,
 a miña terra n'é miña,
 que hastra lle dan de prestado
 a beira por que camiña
 ó que naceu desdichado.
    Téñovos, pois, que deixar,
 hortiña que tanto amei,
 fogueiriña do meu lar,
 arboriños que prantei,
 fontiña do cabañar.
 Adios, adios, que me vou,
 herbiñas do camposanto,
 donde meu pai se enterrou,
 herbiñas que biquei tanto,
 terriña que nos criou.
 Adios Virxe da Asunción,
 branca como un serafín;
 lévovos no corazón:
 Pedídelle a Dios por min,
 miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar

       
Atopado en Galicia Espallada.

16/03/2010

UNHA VISITA ASTRONÓMICA

Onte fumos de visita a Casa das Ciencias e levamos máis dunha sorpresa:
Pompas xigantes,unha colección de "gormitis" xunto coa colección de insectos, un canon de aire, pintura con imans, unha exposición de Darwin e o clásico:
 un pitiño saíndo do ovo



Na visita tamén tivemos oportunidade de ver unha proxeción no Planetario, na que ian aparecendo os planetas, as estrela, os debuxos que forman ...
Deixo aqui unha lista de enlaces relacionados coa Astronomía:
simulador dos movementos dos planetas.
mapas de estrelas.
fotos da terra feitas por un astronauta.

09/03/2010

O CABALO VERMELLO

05/03/2010

SIN PISAR!!! e OS AROS, NA CLASE DE XIMNASIA DAN MOITO XOGO.


Untitled from Maria on Vimeo.


Un xogo de sempre, ir camiñando sin pisar a liña:
sinxelo, barato, educativo e por suposto divertido!


na clase de ximnasia from Maria on Vimeo.

27/02/2010

UN XOGO SINXELO, BARATO, EDUCATIVO E O MELLOR DE TODO, DIVERTIDO!!!

O XOGO DAS CASIÑAS
Debuxamos círculos, (que son as casiñas),  no chan, menos casas que xogadores.
Ao son dun instrumento comezan a correr  xogadores e xogadoras.
No intre que para de soar corren a "coller casa".
Os que quedan sen casa deixan de xogar, e ríscanse círculos para que queden menos casiñas...e así ata o final.


Untitled from Maria on Vimeo.

15/02/2010

AS REFORMAS NO AULA BLOGUE

Xa están rematadas as reformas no blog, e agora só queda seguir enchendo de contidos a nova organización.
En xeral o que fixen foi reorganizar os contidos do blog e actualizalo coas pestanas que aparecen debaixo do titulo engadindo tamén algunha nova sección:


Unha das novidades e a seción do VIDEOVOCABULARIO, aínda está no principio de todo, tratase da creación dun dicionario visual feito con pequenos clips sobre temas diversos, coa idea de que vaia medrando coas aportacións de tod@s.

O RIO from Maria on Vimeo.




 O PROXECTO TOUPIÑA, que atopades enlazado no lateral, ten vida propia, e podedes seguilo de preto no seu blog: ,

Haberá algún pequeno cambio máis ...

09/02/2010

A CHUVIA DAS NENAS E NENOS DE RIANXO

Este precioso vídeo feito no Ceip Ana Mª Dieguez de Rianxo.
Nenos e nenas de 6ª de primaria e infantil colaboran nun mesmo traballo que reflicte moi ben o que ten que ser o uso do vídeo no proceso de ensino aprendizaxe e a súa versatilidade como ferramenta educativa. 
Parabéns e coma sempre seguémoslle a pista!

03/02/2010

HAITÍ ANTES DO TERREMOTO: " ADIEU MON PETIT PAYS"

Unha preciosa canción dun haitiano que se chama Rafael, que nos trae imaxes do Haití de antes do terremoto, unha traxedia que non afectou por igual a pobres que a ricos.
As desigualdades só traen guerras e traxedias.

30/01/2010

OS ELEFANTES GRISES AMAN A PAZ

os elefantes grises aman a paz from Maria on Vimeo.

EU AMO O GALEGO, EU GOZO CO GALEGO.





Eu tamén gozo co galego:

Se tamén gozades co galego, convídovos a encher esta listaxe coas músicas, poemas, libros, ditos, palabras...  que queirades compartir con nós.

28/01/2010

LA PAIX

Pensando en Haití, esta canción en francés de Amadou et Mariam, que nos pode facer reflexionar un pouco sobre como as catástrofes afectan os paises empobrecidos.
A PAZ precisa da igualdade.

27/01/2010

EU FALO...

17/01/2010

QUE SAE MESTURANDO NEGRO CON BRANCO?

Despois de ler o conto NEGROS E BRANCOS non podemos menos que experimentar o que pasa cando mesturamos estas dúas cores, no seguinte vídeo titorial queda moi clariño...



e tamén falamos do que aconteceu:

14/01/2010

NEGROS E BRANCOS

blancos e negros from Maria on Vimeo.

13/01/2010

NEVA NO ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO

O inverno está a ser ben frío e tivemos a oportunidade de ver a neve moi preto da casa, tanto que hoxe nevou no E.D.I...ou só foi cousa da tecnoloxía?

09/01/2010