23/10/2010

UNHA INVASIÓN DE RATOS DE CAMPO NO "COLE AZUL"

PERO... CANTOS FREDERICK HAI? DE ONDE SAIRON?
Cantas preguntas sen resposta...
No corredor da planta baixa do colexio,(cole azul), está a pasar algo estraño, se vos fixades ben, hai ratos de campo por todas partes, mmm... exactamente ratos de campo con unha flor vermella na man,  teñen un asombroso parecido con FREDERICK, o protagonista do conto que estamos a ler este trimestre. Mirade  esta galeria de fotos que fixen o venres antes de sair ...




frederick

A que se parecen moito a Frederick!!!


19/10/2010

VIOLETA CONFIRMA QUE NA BIBLIOTECA DO BARRIO TEÑEN O LIBRO DE FREDERICK...

...e que ten as mesmas ilustracións que o que temos no colexio, non di nada do texto, pero seguiremos con moita atención calquera nova que vaia aparecendo.

Violeta comproba que o libro de Frederick... from Maria on Vimeo.

03/10/2010

NOVAS DO "AULA BLOGUE" PARA O CURSO 2010/2011

Un novo curso sempre vai acompañado de cambios no blog, relacionados coa organización dos contidos e para facilitar a navegación polos mesmos:
- PROXECTO TOUPIÑAS:
Lembrades que o curso pasado a toupiña chegou a Polonia e nos contaba o conto en polaco, que ben a entendiamos!!!,  tamén é verdade que sabemos o conto de memoria, pois este curso seguirá viaxando na busqueda de outras escolas, que falan noutras linguas e mostrando todo aquilo que vaia atopando na súa viaxe.
- OS CONTOS CONTADOS: Espazo en construción adicado as lecturas que facemos na aula, no que irán aparecendo as actividades relacionadas coas mesmas,  polo dagora xa sabedes que FREDERICK é o conto do mes.
- NENAS, NENOS, GRILOS, CANCIÓNS, POESÍAS  e a saber cantas cousas máis:  espazo en construción creado para facer o seguimento das actividades relacionadas coa expresión oral, dramatización e movemento.
Queda algunha novidade máis da que xa vos irei informándovos un pouco máis adiante.
E por suposto seguiremos co CAPTURANUBES TV!!!