20/12/2012

O APALPADOR XA TEN PÁXINA WEB.


O apalpador, páxina web.
Baixa das montañas, cheo de castañas...

18/12/2012

FERMOSA ANIMACIÓN PARA O NADAL.

10/12/2012

A NENA E O GRILO

As apertas tradicionais son así: Paso primeiro, estricar ben os brazos...


"Eu falo así" e só unha das fantásticas cancións do libro que imos ler no que queda de trimestre:
Enlaces de interese:
 A nena e o grilo, información do libro. .
La fonoteca, para escoitar máis cancións.

05/12/2012

ABRAIADAS E ABRAIADOS.

Cando nos sentimos abraiados e abraiadas isto é o que pasa:

Abraiadas e abraiados.


28/11/2012

BRANCOS E NEGROS

blancos e negros from Maria on Vimeo.

A historia duns elefantes coa pel de distinta cor...

26/11/2012

AS VOCES DE RADIO 4.


Katia, Noa, Abrahám e Alex desvelan parte do misterio das voces de Radio 4.

23/11/2012

NOVAS VOCES EN RADIO 4


.

Ista é a primeira das entrevistas que falan de Radio 4, na que Alvaro e Alejandro establecen o seguinte diálogo:
 - Álvaro: Qué hai en Radio 4?.
 - Alejandro: As voces.
Queda no aire a seguinte pregunta: Qué voces?
 A resposta na próxima entrevista.

12/11/2012

ROSEIRA DO TEU MENCER

Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
de roseira de ningures
que se meteu na porta.
















O autor do poema é Xosé María Álvarez

07/11/2012

O POLIÑO DA ABELEIRA

Neste conto a nube deixa caer a chuvía e o poliño sálvase de morrer afogado... menos mal que a galiña sabía o que tiña que facer!


26/10/2012

MENUDA CABAZA, XA CHEGA O SAMAÍN!



"O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.
É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc."
Tempo de Samaín.
Xogo en liña con cabazas.
Cabazas para pintar.

18/10/2012

A MIN GUSTARÍAME SER DE COR VERDE!

Moitas cores aparecen no libro: De que cor es ti?

Con este libro imos enredar nas próximas semáns:. Faremos lectura, grabacións de audio, contarémosllo a quen o queira escoitar, inventaremos cores...

AXENDA CULTURAL

16/10/2012

PICOTI, PICOTA

Curta e deliciosa animación en francés que nos vai acompañar neste mes de outubro.

ADIVIÑA QUEN RECITA A LÚA PERDEU O SONO?

Xa temos duas grabacións do poema : A lúa perdeu o sono.
De quen será esta voz?

09/10/2012

A LÚA PERDEU O SONO...

Novidades en Radio 4!
Por fin xa unha das voces da nosa radio, Yasmina da aula de 5º A, máis coñecida por 4 anos A, recitando o poema: A lúa perdeu o sono, do libro Fafarraios de Gloria Sánchez.

A lúa perdeu o sono
non o atopa por ningures.
Mal sabe lúa luada
lúa con sono,
non é nada,
non é nada.

Noutros colexios tamén aprenderon o mesmo poema:
Petos cheos de poesía.

27/09/2012

RADIO 4 - A NOSA RADIO EN LIÑA.


Radio 4, situada na barra lateral do AULA BLOGUE, a radio en liña onde irán aparecendo grabacións de audio coas voces dos nenos e nenas de 4 anos, xa está lista a primeira, imitando o son da chuvia. Podedes atopar un fragmento do  conto de Frederick narrado por nenos e nenas que agora están en 2º de primaria e que nos vai servir a nós para adentrarnos no marabilloso mundo de Leo Lioni.
Atención as novidades!!!

24/09/2012

A QUE ADICAMOS O TEMPO NA ESCOLA

A verdade é que a xornada escolar dun neno ou nena de 4 anos é movida, moitas actividades e ben diversas. Só unhas primeiras imaxes dunha sesión de lectura ao aire libre, haberá máis se o tempo o permite. Xa irán aparecendo vídeos, fotos, grabacións de audio das conversas na clase, actividades na pizarra dixital ...


17/09/2012

IARA, A SEREA PERIGOSA!

Iara, unha perígosa e engaioladora serea que vai ser a protagonista dos primeiros días do curso xunto con novos textos, materiais multimedia, grabacións de audio..., pero imos facendo os poucos. Un saúdo e avante toda!