27/09/2012

RADIO 4 - A NOSA RADIO EN LIÑA.


Radio 4, situada na barra lateral do AULA BLOGUE, a radio en liña onde irán aparecendo grabacións de audio coas voces dos nenos e nenas de 4 anos, xa está lista a primeira, imitando o son da chuvia. Podedes atopar un fragmento do  conto de Frederick narrado por nenos e nenas que agora están en 2º de primaria e que nos vai servir a nós para adentrarnos no marabilloso mundo de Leo Lioni.
Atención as novidades!!!

24/09/2012

A QUE ADICAMOS O TEMPO NA ESCOLA

A verdade é que a xornada escolar dun neno ou nena de 4 anos é movida, moitas actividades e ben diversas. Só unhas primeiras imaxes dunha sesión de lectura ao aire libre, haberá máis se o tempo o permite. Xa irán aparecendo vídeos, fotos, grabacións de audio das conversas na clase, actividades na pizarra dixital ...


17/09/2012

IARA, A SEREA PERIGOSA!

Iara, unha perígosa e engaioladora serea que vai ser a protagonista dos primeiros días do curso xunto con novos textos, materiais multimedia, grabacións de audio..., pero imos facendo os poucos. Un saúdo e avante toda!