31/10/2008

AS CABAZAS DO PAíS


"Chega o día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero, ¡atención!, non é americano todo o que o parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín."

O Samaín en Palmeira

Recollido en cultura galega.org

28/10/2008

PASIÑO A PASIÑO








Un nome ben acertado para o blog de aula que Olalla acaba de estrear xunto cos nenos e nenas de 1º curso do colexio de Baíñas.
Olalla e moi coñecida no noso blog xa que foi ela quen nos desvelou no seu momento o "caso do ovo pequeno", e tamén por formar parte do proxecto AS NUBES VIAXEIRAS.
PASIÑO A PASIÑO xa promete na súa primeira entrada onde podemos atopar un video-conto narrado e ilustrado pola súa clase que merece a pena escoitar.
Noraboa!!!

26/10/2008

BICOS DE VENTO












Unha aposta pola poesía
"Caderno de poemiñas cos que xogamos,cos que medramos.. Educación Infantil do CEIP de Aguiño."


23/10/2008

CHUVIA DE ESTRELAS NO E.D.I.

Seleccionar unha figura (estrela), decidir unha cor (verde)... e xa temos unha chuvia de estrelas no Encerado Dixital Interactivo.




Actividade feita no E.D.I. polos nenos e nenas de 3 anos.

21/10/2008

XOGOS AFRICANOS :ACTIVIDADES FAMILIARES NO MACUF

Para nenos e nenas de 3 a 10 anos, acompañados de adultos.

20/10/2008

EN EXCLUSIVA PARA O AULA BLOGUE!!!



Nace un novo edublog no colexio!!!
Despois dun curso en funcionamento co AULA BLOGUE, a aparición na blogosfera do colexio de FACEMOS MÚSICA é unha moi boa nova que a min xa me tardaba.
Coa ilusión dun proxecto cheo de música e ganas de compartila con todos e todas bota a andar o blog de Laura Pazos, unha das mestras de música do "Emilia".
Noraboa!!!
Laura é compoñente da Banda de música de Visantoña e do grupo Tromentelos Chis Pum

Banda de música de Visantoña
Composición de Eugenio Pazos



Tromentelos Chis Pum

18/10/2008

CICLO DE TEATRO INFANTIL:TODO PÚBLICO


"A programación abarca un total de oito espectáculos procedentes de Galicia, Italia, Holanda e Arxentina clasificados por tramos de idade (maiores de 3 anos, 5, 6 e 7). O obxectivo do programa consiste en ofrecer unha programación de artes escénicas (de teatro, teatro-circo, danza e monicreques) a toda a poboación infantil.

O ciclo vai dirixido a dous públicos distintos: a familia durante as fins de semana e os escolares nos días lectivos. Neste sentido, para esta edición, teñen xa confirmada a súa asistencia un total de 68 centros de ensino da Coruña e da súa área metropolitana, o que supón un volume de espectadores de ao redor de 15.000 nenos e 850 profesores."



14/10/2008

UN TALLER INTERESANTE

Cociña con pintura, unha mestura que apetece.

musicaporuntubo


Para cantar e bailar

musicaporuntubo
Un novo blog na nosa blogosfera.
Con recomendacións e recursos musicais que nos facilitan as busquedas as que as veces adicamos tanto tempo.
Graciñas Irene por compartir o teu traballo con nós.

12/10/2008

MAXIA OU TECNOLOXÍA?

O encerado dixital é unha das ferramentas tics coas que comezan a traballar os nenos e nenas de tres anos.
Cando ven como funciona e fan os primeiros trazos.
Parece maxia!!!
Pintan co dedo ou ca man e non se manchan, poden cambiar as cores, as formas...
Unha mágoa!!!
Ë simple tecnoloxía.





Artigo sobre o EDI na revista dixital do colexio.


EDIGA, información sobre o EDI.

06/10/2008

O OUTONO NO EDUBLOG SEREAS SEN CADEAS


Un novo edublog de infantil forma xa parte da nosa blogosfera.
Aguiño e Ribeira sempre presentes no AULA BLOGUE.
Gustoume moito esta animación que nos recomendan, e de paso ...xa sabedes botamos un ollo e gozamos con SEREAS SEN CADEAS.

04/10/2008

HISTORIAS DE CINE PARA NENOS E NENAS


Sábado 11 as 18h.
Kirikú e as bestias salvaxes.

No CGAI
"Iniciativa de periodicidade mensual que, dirixida aos máis novos e contemplando a versatilidade e posibilidades de aprendizaxe a través do cinema, terá continuidade nas próximas programacións do CGAI, celebrándose as seguintes proxeccións os dias 15 de novembro e 20 de decembro".
Esta pelicula está no catálogo da biblioteca do colexio.