30/11/2008

O VIDEOBLOG



No AULA BLOGUE sigue o proceso de transformación de blog de aula a blog de profesora.
Hoxe estreamos un novo apartado O VIDEOBLOG , no que atoparades con facilidade os vídeos que xa apareceron no blog.

27/11/2008

A LÚA NA CIDADE

24/11/2008

O GATO PELADO ANDA ESCAPADO...

O gato pelado saltou a fama nas aulas 3 anos despois da lectura do libro de COCORICO, que se lembrades é un pitiño que ten "problemas" para compartir o biscoito que lle fixo MAMÁ GALIÑA.
O gato pelado o remate do conto fuxe escapado... e non sabemos onde chega, pero si que hai quen o vai atopando polo camiño.
A última vez que o viron foi en Vigo e mandáronnos una fotografía que podedes ver en COMPARTE IMAXES CON NÓS.
Temos unha pequena gravación de vídeo na que podemos escoitar como miaña.







Ola! Pois o gato pelado eu vino por Santiago nos soportais do Toural e o ano pasado, cando veu de visita a Vilanova, pintamolo de coresssssssss. biiicosss.(imaxe do gato pelado recibida no capturanubes@gmail.com)

20/11/2008

j´ai besoin de la lune- XOGANDO COA LÚA

Compartir experiencias a través dos blogs é algo que nos permite Internet e aínda que no edificio de infantil a conexión é precaria, na aula do E.D.I. vai funcionando e nós podemos ver o que fan noutras aulas e aprender.
No "Sereas sen cadeas" non paran, son unha fonte de inspiración e información para nós.

Seguimos a xogar coa lúa e desta vez acompañanos unha preciosa canción francesa: j´ai besoin de la lune (Manu Chao).


Xogando a mover a lúa con un puzle atopado en Sereas sen cadeas.





Compartir fotos tamén nos inspira.

Xogando a poñerlle cara á lúa
con unha foto que comparte Rafa Torre.


18/11/2008

FOTOGRAFÍA NO E.D.I.

Xa se vai notando a soltura con que os nenos e nenas de 3 anos manexan o Encerado Dixital Interactivo, máis coñecido pola Pizarra Máxica.

Nesta actividade fan fotografía coa webcam é o vídeo está feito coa gravadora do E.D.I., se vos fixades no recadro verde que hai na pantalla vai aparecendo unha foto distinta cada vez que pulsan.

Coas fotos traballamos o esquema corporal e aprendemos a a traballar coa imaxe, algo moi importante na sociedade do momento.

A naturalidade coa que se manexan coas TICs tan pequenos fainos pensar que son unha xeración de nativos dixitais, un termo ó que nos temos que ir acostumando.

15/11/2008

NON SON VIRUS...SON EDUBLOGS!!

Eu enredo, ti enredas... Nós enredamos!

ENREDANDO:

"Queremos adicar un espazo, un tempo... Para escoitar, falar, ler, escribir, mirar, aprender... En fin, un blog para enredar!"

"Aínda que a idea de crealo xorde da clase de lingua galega de 5º de Educación Primaria do CEIP Sanjurjo de Carricarte, non queremos nin debemos manternos á marxe de todas aquelas cousas que suceden ao noso redor, no cole, no barrio, na cidade e máis aló."

Sumase a blogosfera educativa e co que compartiremos experiencias e ENREDOS diversos.
Noraboa!!!

COUSAS DE PRIMARIA


Aumenta a comunidade virtual de edublogs na cidade, e polo tanto a comunicación e o intercambio de experiencias educativas.
Cousas de primaria é o edublog de Rafael de la Torre, mestre e director do colexio Raquel Camacho : "Edublog...onde aparecerán realidades do día a día".
Parabéns!!!



No cousas de primaria vese que tamén andan preocupados polas andanzas do gato pelado
(xa sabedes que anda escapado ), e polo visto anda por Vigo.
Na foto que conseguiu Rafa parecese, aínda que con este gato nunca se sabe , o que vou facer é preguntarlle os nenos e nenas de 3 anos a ver que opinan.
Como é un gato moi viaxeiro pode estar en calquera sitio, se o vedes non dubidedes en informarnos e se podedes sacarlle unha foto, xenial!!!


10/11/2008

LÚA LÚA LÚA




Seguimos coa colección:
do berce a lúa , da editorial kalandraka.

Xa levamos tres libros : miau, 5, e agora Lúa.
Co libro Lúa imos a traballar coa imaxen e a poesía, a ver que pasa.
Vai costar superar o éxito tan rotundo de COCORICO e o GATO PELADO que anda polo mundo escapado(se alguén viu o gato pelado correndo escapado que nos diga onde, é moi importante!!).
Para ir entrando no tema un video da serie contos celestes.




visto en sereas sen cadeas

09/11/2008

O MAGOSTO NO COLE AZUL

QUEN SERÁ?


O venres celebramos O MAGOSTO en infantil e cando xa estabamos listos para comer as castañas tivemos unha visita inesperada e moi divertida A CASTAÑEIRA!!.

Houbo castañas, risas, música e bailes...o que se dí unha boa festa.
O ano que vén...máis.

08/11/2008

TOC TOC...Ai non!! TICTICTIC



E veña edublogs...iste curso parece que se consolidan como ferramenta educativa, cando menos no noso colexio.
TICTICTIC nace como blog colectivo no que a comisión TIC do colexio pretende abrir un espazo de divulgación da integración das TIC na educación, coa amplitude de campo que isto supón.

O contacto en toctictictic@gmail convidanos a participar.
Parabens!!


fonte de información

Noticieiro TIC, na revista dixital

05/11/2008

NOVAS DE 1º B

Son MªJosé, a profesora dos nenos-actores e nenas-actrices de 1ºB.
Como vemos estamos a traballar moito para aprender a ler, contar, escribir, compartir, respetar...
Comezamos o novo curso coa chegada de Pupi, a mascota da clase, que nos vai acompañar e axudar nesta noVa etapa, incluso poderémola levar a casa, coidala e facerlle roupa(pois agora que estamos no Outono xa vai frio), contarlle contos...
Maite, Alba e Ainhoa xa estiveron de cumpreanos e fixeronse fotos con Pupi.
Un percorrido e imaxes pola aula de 1º B antes de ir o patio.
No lateral do blog, onde pon "Comparte unha imaxe con nós", están as fotos que sacou Enrique Mingote e que podedes descargar de Picasa.
Continuará...

Publicado por Mº José, a súa titora

04/11/2008

MÚSICA ANIMADA


Programación de música animada para toda a familia no MACUF.