05/11/2008

NOVAS DE 1º B

Son MªJosé, a profesora dos nenos-actores e nenas-actrices de 1ºB.
Como vemos estamos a traballar moito para aprender a ler, contar, escribir, compartir, respetar...
Comezamos o novo curso coa chegada de Pupi, a mascota da clase, que nos vai acompañar e axudar nesta noVa etapa, incluso poderémola levar a casa, coidala e facerlle roupa(pois agora que estamos no Outono xa vai frio), contarlle contos...
Maite, Alba e Ainhoa xa estiveron de cumpreanos e fixeronse fotos con Pupi.
Un percorrido e imaxes pola aula de 1º B antes de ir o patio.
No lateral do blog, onde pon "Comparte unha imaxe con nós", están as fotos que sacou Enrique Mingote e que podedes descargar de Picasa.
Continuará...

Publicado por Mº José, a súa titora

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...