Mostrando postagens com marcador curso 07/08. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador curso 07/08. Mostrar todas as postagens

05/11/2008

NOVAS DE 1º B

Son MªJosé, a profesora dos nenos-actores e nenas-actrices de 1ºB.
Como vemos estamos a traballar moito para aprender a ler, contar, escribir, compartir, respetar...
Comezamos o novo curso coa chegada de Pupi, a mascota da clase, que nos vai acompañar e axudar nesta noVa etapa, incluso poderémola levar a casa, coidala e facerlle roupa(pois agora que estamos no Outono xa vai frio), contarlle contos...
Maite, Alba e Ainhoa xa estiveron de cumpreanos e fixeronse fotos con Pupi.
Un percorrido e imaxes pola aula de 1º B antes de ir o patio.
No lateral do blog, onde pon "Comparte unha imaxe con nós", están as fotos que sacou Enrique Mingote e que podedes descargar de Picasa.
Continuará...

Publicado por Mº José, a súa titora

11/09/2008

PRIMEIRO DE PRIMARIA


Foi un gusto recibir e estar ata a hora do recreo cos nenos e nenas de 1º B.
Están grandes, morenos e como sempre con moita enerxía.
Un novo curso e unha nova etapa educativa que seguro vai ser apaixoante.
Os meus mellores desexos para todos e todas.
A vosa titora de Educación Infantil .
María

10/09/2008

UN NOVO CURSO



Pouco a pouco no AULA BLOGUE iremos collendo o ritmo do novo curso.
Benvidos e benvidas
A disfrutar!!¡

16/07/2008

AS NUBES VIAXEIRAS- as tres partes

1º parte

2º parte

3º parte

11/07/2008

COMPARTINDO FOTOS-día da estrea

Máis fotos no álbum, compartidas por Alfonso

Álbum dia da estrea

10/07/2008

AS NUBES VIAXEIRAS

Aquí está a primeira parte-A.
Pouco a pouco irei poñendo a "peli" enteira, o como se fixo e o anuncio.

30/06/2008

XA FOI A ESTREA

Cheo total na estrea de AS NUBES VIAXEIRAS.
Emocionante!!!
Avoas e avós, pais e nais, irmáns, primos e primas, amigos e amigas...un público entregado.
Un final emotivo, e moitas ganas de seguir colaborando en proxectos comúns.
OS PINCHOS ESPECTACULARES!!!
Non teño ningunha imaxe do "evento", ou sexa que por favor mandade o que teñades para compartir.
De verdade que agora teño tempo de subilas o AULA BLOGUE.

18/06/2008

PRÓXIMA ESTREA

15/06/2008

UN DÍA ESPECIAL



A cantidade de medios despregados na entrega de orlas, indica que para tod@s é un acontecemento importante, fotos...videos, quedou ben documentado, coma sempre está a posibilidade de compartir as imaxes nos álbums do blog, pero a edición das NUBES VIAXEIRAS roubame moito tempo e a subida de fotos vai lenta, ou sexa que vos pido un pouco de paciencia.
Polo momento adianto as que fixo Enrique( pai de Lola). a primeira hora da mañán do venres no patio.

11/06/2008

AULA BLOGUE TEN XORNALiSTAS DESPLAZAZADAS NA COSTA DA MORTE

Dúas coñecidas xornalistas gráficas desplazadas na Costa da Morte, especializadas en novas da Natureza, achégannos documentos gráficos propios desta época do ano.
Desde Malpica, Ana Cancela:"Hai un sauce chorón o que no seu tronco lle saíron unha chea de cogumelos, tamén unha planta de frambuesas que este ano estase poñendo a tope e por último unhas fresas que saben riquísimas."
Isabel Blanco, desde Ponteceso, manda unhas preciosas fotos dun formigueiro que está na horta da casa familiar.

08/06/2008

UNHA TABLETA DIXITALIZADORA


Un agasallo para a nosa aula.
O premio que recolleu no noso nome Aurora Jove (premiada co Think in English) e tamén a miña profe de blogs),trouxo un agasallo para traballar na aula moi interesante, unha tableta dixital, Para que vos fagades idea de como funciona, neste video do blog PEQUEREBOREDA está moi ben explicado.

Mañán probarémola en canto poidamos, xa vos ensinaremos os resultados.

07/06/2008

reportaxe de A NOSA TERRA

A NOSA TERRA DIARIO adicanos unha reportaxe feita o día da gravación no mirador do monte de San Pedro.
Os blogs de aula, ferramenta básica no ensino.

05/06/2008

EXCURSIÓN A DOMUS


Mañá, venres día 6 imos a Domus, esta será a derradeira saída deste curso.

DIAPORAMA DA GRAVACIÓN NO MONTE DE SAN PEDRO



Feito por Enrique(pai de Lola)
O subir este diaporama ó blog, perdeu definición, para conseguir o orixinal falade con Enrique.

04/06/2008

UNHA GRANXA ARXENTINA



Unha web interesante para seguir coñecendo Arxentina, atopámolo no Blog A NOSA CLASE

Un sinxelo e divertido paseo por unha granxa, coñecendo os seus habitantes.
Máis de animais:
Animais domésticos
Galeria de imaxes

31/05/2008

AS NUBES VIAXEIRAS INVADEN O MONTE DE SAN PEDRO NUN DÍA DE SOL


Último día de gravación da xa famosa curtametraxe "AS NUBES VIAXEIRAS", que como tod@s esperabamos foi un éxito!!!!!.

Destacar que , agás das moi coñecidas(e non por elo menos ricas )galletas que fai Karina, degustamos varios biscoitos feitos na casa, o de amendoa podo confirmar estaba rico, ainda que pidovos a opinión sobre este tema pois había onde escoller.
As primeiras imaxes no álbum gravación no Monte de San Pedro.
Como había moitas cámaras, xa sabedes que podedes mandar a capturanubes@gmail.com, para compartir as imaxes con nós.

29/05/2008

27/05/2008

DECLARACIÓNS DE SARA A VIAXEIRA PARA "aula blogue"



A poucos días da actuación da compañia de danza "As nubes viaxeiras",temos as primeiras declaracións dunha das compoñentes:
Sara a viaxeira, que está recien chegada da Arxentina, e contanos unha historia onde demostra o seu dominio da fala dese país.
Un documento sonoro dun valor extraordinario.


Un saúdo para o blog arxentino MI SALA DE 5, finalista dos premios espiral de edublogs