17/06/2007

Pollock

14/06/2007

Edublogs

"Unha bitácora, weblog ou blog é unha páxina web cun deseño específico na que o escritor de bitácoras ou blogger pode publicar o que chaman anotacións ou posts. Unha das características destas páxinas web é que a última anotación feita polo blogueiro é a primeira que aparece cando se visita a páxina. As anotacións escríbense mediante un esquema de deseño o que fai que calquera persoa sen coñecementos de informática poida ter a súa bitácora."

"As bitácoras poden ser un recurso moi útil en educación tanto para os profesores como para os estudantes. Na actualidade xa hai moitos blogs educativos e na comunidade educativa fálase dun novo xénero coñecido como Edublog."

Exemplos de edublogs
Blog de educación infantil
Ponte dos Brozos - A nosa clase

Blog dunha profesora de inglés de primaria


Edublog de Escocia

Outros edublogs

13/06/2007

Cést facile

05/06/2007



CIDADADÁNS DO MUNDO


O xoves 7 teremos na nosa aula unha sesión adicada á cultura xitana, será Felipe Sande quen nos achegará a esta cultura .
Empezaremos observando a súa bandeira, simbolo da súa cultura.


04/06/2007

PASEO POR LABAÑOU UN DÍA DE NÉBOA

A SARDIÑA MOLLA O PAN


Algunhas das respostas de como a sardiña molla o pan, polo San Xoan.


- A sardiña escupe auga.

- A sardiña está no mar, o humano tira o pan e a sardiña move as aletas forte e molla o pan.

- As sardiñas beben auga e asi mollan o pan.


- A sardiña colle o pan e meteo na auga.

- A sardiña tira o pan a auga para que o coman os outros peixes.


Todas as respostas se poden resumir nestas , e todas teñen lóxica , seguiremos falando do tema.

01/06/2007

NO SAN XOAN A SARDIÑA MOLLA O PAN

Este é o calendario que traballaremos este mes, e a pregunta do día é
¿Como pode mollar a sardiña o pan?
As respostas ireinas poñendo no blogue pouco a pouco

NOITE DE SAN XOAN

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño , fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo .

Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez no seu Breviario enciclopédico: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas



Unha tradición

As herbas de San Xoán en Culleredo

Pola noite de San Xoán na parroquia de San Estevo de Culleredo, Culleredo (A Coruña) déixase no exterior da casa unha tina con auga na que se botan partes de vexetais con propiedades máxicas. En Culleredo cóllense as seguintes herbas: herba luísa, santa maría, espadana, ruda, castiñeiro, nogueira, romeu, nai de tódalas herbas, que reciben o orballo purificador desa máxica noite. Pola mañá tense que lavar a cara con esta auga que posúe propiedades milagreiras.
Xa Rosalía de Castro fala desa tradición nun poema: Vinte unha crara noite / noitiña de San Xoán / poñendo as frescas herbas / na fonte a serenar.

[Información recompilada polos alumnos do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo]