26/10/2008
23/10/2008
CHUVIA DE ESTRELAS NO E.D.I.
Seleccionar unha figura (estrela), decidir unha cor (verde)... e xa temos unha chuvia de estrelas no Encerado Dixital Interactivo.
Actividade feita no E.D.I. polos nenos e nenas de 3 anos.
Postado por
María Rodríguez
1 comentários
Marcadores: Actividades Tic
21/10/2008
XOGOS AFRICANOS :ACTIVIDADES FAMILIARES NO MACUF
Para nenos e nenas de 3 a 10 anos, acompañados de adultos.
Postado por
María Rodríguez
0
comentários
Marcadores: Axenda cultural
20/10/2008
EN EXCLUSIVA PARA O AULA BLOGUE!!!
Nace un novo edublog no colexio!!!
Despois dun curso en funcionamento co AULA BLOGUE, a aparición na blogosfera do colexio de FACEMOS MÚSICA é unha moi boa nova que a min xa me tardaba.
Coa ilusión dun proxecto cheo de música e ganas de compartila con todos e todas bota a andar o blog de Laura Pazos, unha das mestras de música do "Emilia".
Noraboa!!!
Laura é compoñente da Banda de música de Visantoña e do grupo Tromentelos Chis Pum
Banda de música de Visantoña
Composición de Eugenio Pazos
Tromentelos Chis Pum
Postado por
María Rodríguez
0
comentários
Marcadores: Actividades Tic
18/10/2008
CICLO DE TEATRO INFANTIL:TODO PÚBLICO
O ciclo vai dirixido a dous públicos distintos: a familia durante as fins de semana e os escolares nos días lectivos. Neste sentido, para esta edición, teñen xa confirmada a súa asistencia un total de 68 centros de ensino da Coruña e da súa área metropolitana, o que supón un volume de espectadores de ao redor de 15.000 nenos e 850 profesores."
Postado por
María Rodríguez
0
comentários
Marcadores: Axenda cultural
14/10/2008
UN TALLER INTERESANTE
Cociña con pintura, unha mestura que apetece.
Postado por
María Rodríguez
3
comentários
Marcadores: Axenda cultural
musicaporuntubo
![]()
Para cantar e bailar
musicaporuntubo
Un novo blog na nosa blogosfera.
Con recomendacións e recursos musicais que nos facilitan as busquedas as que as veces adicamos tanto tempo.
Graciñas Irene por compartir o teu traballo con nós.
Postado por
María Rodríguez
0
comentários
12/10/2008
MAXIA OU TECNOLOXÍA?
O encerado dixital é unha das ferramentas tics coas que comezan a traballar os nenos e nenas de tres anos.
Cando ven como funciona e fan os primeiros trazos.
Parece maxia!!!
Pintan co dedo ou ca man e non se manchan, poden cambiar as cores, as formas...
Unha mágoa!!!
Ë simple tecnoloxía.
Artigo sobre o EDI na revista dixital do colexio.
EDIGA, información sobre o EDI.
Postado por
María Rodríguez
0
comentários
Marcadores: Actividades Tic, videos
06/10/2008
O OUTONO NO EDUBLOG SEREAS SEN CADEAS
Un novo edublog de infantil forma xa parte da nosa blogosfera.
Aguiño e Ribeira sempre presentes no AULA BLOGUE.
Gustoume moito esta animación que nos recomendan, e de paso ...xa sabedes botamos un ollo e gozamos con SEREAS SEN CADEAS.
Postado por
María Rodríguez
6
comentários
Marcadores: videos
04/10/2008
HISTORIAS DE CINE PARA NENOS E NENAS

Sábado 11 as 18h.
Kirikú e as bestias salvaxes.
No CGAI
"Iniciativa de periodicidade mensual que, dirixida aos máis novos e contemplando a versatilidade e posibilidades de aprendizaxe a través do cinema, terá continuidade nas próximas programacións do CGAI, celebrándose as seguintes proxeccións os dias 15 de novembro e 20 de decembro".
Esta pelicula está no catálogo da biblioteca do colexio.
Postado por
María Rodríguez
1 comentários
Marcadores: Axenda cultural
