20/04/2009

UNHA HISTORIA DE MANS QUE SEGUE..

...con outro grupo da aula de 3 anos A.

16/04/2009

NA PRIMEIRA SESIÓN DA HISTORIA DE MANS...

... o primeiro é observar a imaxe en grande na pantalla do EDI, tocala, contar o que pasa na foto...



...e a encher de cores as mans.

UNHA HISTORIA DE MANS

...descubrirémola os poucos, coma unha adiviña.


foto Gabriel Tizón


As pistas serán as actividades que fagamos nas próximas sesións no encerado dixital.

14/04/2009

MÚSICAS NO MUNDO

Un mundo de músicas...

ilustración de Wozniak



Mellorando a barra lateral do blog!!! co podcast:
MÚSICAS NO MUNDO.
Espero que vos guste a miña selección, que pouco a pouco irá medrando... mesmo coas vosas suxestións.


04/04/2009

QUALSEVOL NIT POT SORTIR EL SOL - JAUME SISA

A gozar das vacacións!!!

02/04/2009

OS VÍDEOS DAN QUE FALAR ...E PINTAR.

Aquí tedes un exemplo dunha actividade de expresión oral traballada a partires dun vídeo.






O que fixemos:
- Ver o vídeo de seguido
- Volver a velo facendo pausa nalgunhas imaxes.
- Falar e gravar os comentarios.
- Escoller unha imaxe fixa,(a dos paxaros esperando a comida), e pintar sobre ela coas ferramentas flotantes do encerado dixital.
- Escoitar a gravación e tentar de recoñecelas voces.

01/04/2009

PINTURA DE CHOCOLATE

Na aula de 3 anos B pintan con chocolate, cóntanolo Aurora, a súa titora:
" Falando dos animais, decidimos probar como pintarían nas covas de Altamira...só que nós usamos chocolate. Qué divertido!!! case que non pintamos, máis ben comemos."


25/03/2009

A Martín pasalle algo nas cores do mandilón...



... é tecnoloxía, aínda que parece maxía.
Os nenos e nenas da aula de 3 anos B pintan o mandilón da súa mascota coas ferramentas do encerado dixital.
Seguimos a espera de publicar as gravacións sobre Martín, xa falta menos.

23/03/2009

MARTÍN XA TEN O MANDILÓN


Quen é Martín?

Boa pregunta, e se sabedes a resposta non dubidedes en contalo.
Preguntade as nenas e nenos de 3 anos B que seguro que vos dan algunha pista...no AULA BLOGUE seguiremos informando.