NABELA ,GABRIEL E A SÚA HISTORIA
Gabriel Tizón contoume un día a fermosa historia de Nabela, do seu sorriso e vitalidade nun mundo cheo de dificultades e carencias...cando menos da que pensar, non sí?  
 
O SORRISO DE NABELA: 
Todas as mañás escoitaba un sorriso que destacaba por riba da algarabía dos nenos mentres xogaban, o de Nabela, unha nena de 6 anos que estaba todo o tempo bromeando e vacilando os seus amigos. Era a miña veciña, vivía cos seus curmáns e irmáns nunha casa moi pobre. Un día achegouse para que lle fixese unha fotografía; mentres a fotografiaba,  vacilábame todo o tempo e ao  final fixo que  rise sen parar creando unha das sesións máis divertidas da miña vida. Ao seu lado viña o seu curmán de 5 anos, presentoumo como “amigo chorador”, porque dicía que estaba todo o tempo chorando por parvadas.  O "amigo chorador" ás veces choraba porque tiña fame. Estivemos 21 días xogando e paseando cada vez que nos encontrabamos, nunca a escoitei queixarse de nada e  faltáballe de todo: comida, saúde, xoguetes…Un día, mentres paseabamos,  compreille uns chupetes ( piruletas) nunha tenda que era un antigo contedor de barco; ao collelos  achegouse a un neno que non coñecía de nada e  regaloulle un dos doces, despois  miroume e  escachou a rir.  Ensíname como ninguén o pouco que vou coñecendo o continente africano desde un punto de vista que nunca se emprega á hora de falar sobre África, desde o sorriso, desde a esperanza, desde a ilusión..., xa que a pesar de moitos é un lugar  de alegría e humor. 
 
 
 
 Postagens
Postagens
 
 
 
Genial, maravillosa historia, sin comentarios.
ResponderExcluir:-)
Gracias por compartirla.
Saludos.
Cara bonita e corazón bonito.
ResponderExcluirGustounos moito Nabela co seu sorriso.É unha historia moi bonita
ResponderExcluirgracias por mostrar con esta historia como el pueblo africano vive su día a día con esperanza, sonrisa y solidaridad. Los que hemos estado allí lo sabemos de primera mano, lo hemos visto y olido y nuestros hijos africanos nos lo recuerdan diariamente. Gracias por mostrarlo desde aquí a todos.
ResponderExcluirSaludos.