SEÑOR GATO, POEMA DE MANUEL MARÍA, DO LIBRO: OS SONOS NA GAIOLA.
SEÑOR GATO
SEÑOR GATO:
ATENCIÓN;
NO RINCÓN
HAI UN BURATO;
NO BURATO
ESTÁ O RATO
CALADIÑO,
ACOCHADIÑO,
SEN FALAR
NEN RESPIRAR.
SEÑOR GATO,
PON SENTIDO,
QUE METIDO
NO BURATO
ESTÁ O RATO.
SEÑOR GATO:
ESTÁ O RATO
NO BURATO
DO RINCÓN:
TEN NUN PUÑO
O CORAZÓN!
NON DUBIDO
SEÑOR GATO
BIGOTUDO
QUE ESTÁ O RATO
NO BURATO.
TEN AS UNLLAS
AFIADAS,
CRAVUÑADAS,
PREPARADAS:
BULE AXIÑA
QUE SENÓN
SEÑOR GATO
BIGOTÓN,
DO BURATO
FOXE O RATO!
MANUEL MARÍA.
POESIA
ResponderExcluirCaeu un copo de neve, e un enfriouse. Facia tanto frio q conxeleime. Tanto frio q fai conxelaronse as ventás. E viño un mónstruo de neve. Correde lexos do mónstruo. Frio teño moito frio.
Elaji.
PRECIOSA POESÍA, ELAJI
ResponderExcluirEste blogue
ResponderExcluirEste blogue
No bicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra
A Branca-Petra do Courel
NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
ALEX4
Unha das poesías que máis me gusta de Uxio Novoneyra. Moi ben traída, Alex. Que che parece se a aprendemos cando chegue a primavera?
ResponderExcluir