18/02/2008

POR FIN CAPTURAMOS NUBES!!!






Hoxe pola mañán, o ceo estaba cheo de nubes e non desaproveitamos a oportunidade de saír a captura.
Tivemos éxito e conseguimos 25 nubes distintas, cada mirada a través da cámara viu unha nube diferente e todas iran aparecendo no álbum pouco a pouco.
Outra maneira de capturar nubes é observalas, recórdalas é pintalas.
Isto foi o que fixemos en dous soportes diferentes:
No encerado dixital e en papel.

15/02/2008

UN DÍA MÁIS SIN CAPTURAR UNHA SOA NUBE


Nubes rosas
Porto de Sada
19/1/2008
Julio/adulto


Nós saímos a capturar e casi o conseguimos, xa que fixemos todo o proceso:
- Organizámonos por equipos.
- Saímos a observar.
- Vimos nubes.
- Buscámolas no visor da cámara.
- Disparamos e..........a cámara tiña a memoria chea e non podemos sacar a foto.
Tamén houbo algún despiste pequeno cos equipos.
Así que o de comprobar a cámara antes de saír a capturar é importante, hoxe aprendémolo
ben.


Como podedes ver no álbum NUBES,xa nos mandaron as primeiras fotos, e ben bonitas que están....gracias a Julio pola súa rápida colaboración.
Localización das nubes no MAPA.

13/02/2008

CAPTURA NUBES - CERO NUBES O 1º DIA



Unha nova actividade entra na nosa clase...CAPTURA NUBES!!!!
-Como?
Con cámara de fotos dixital
-Onde?
Onde poidas e teñas a cámara contigo ,e por suposto tamén no colexio
-Quen pode participar?
Quen queira
-Que imos facer coas nubes?

Diferentes actividades, entre elas comezamos por unha colección de nubes para poñer no AULA BLOGUE, e que tod@s a disfrutemos
Como mandalas nubes "capturadas"?
Por correo electrónico a esta dirección:
capturanubes@gmail.com
Que datos deben acompañar as fotos?

-Nome do autor/a
-Titulo da foto
-Especificar: nen@, xoven ou adult@
-Onde se sacou a foto
-Data e hora aproximadas

Estades tod@s convidad@s a participar na CAPTURA DE NUBES, especialmente aqueles nen@s que siguen o AULA BLOGUE.

E por suposto organizaremos unha sesión de "blogueando" para quen non teña claro o de mandar correos electrónicos ou calquera outra dubida.

Ide pensando no día

11/02/2008

POR FIN XA ESTÁN PLANTADOS OS BULBOS!!!!!

E de paso falamos das "medidas de capacidade", claro que non das convencionais, pero si de uso común:
- Unha pisquiña
- Unha presa ou puñado
- Unha man chea
Xa se sabe que non son moi exactas, ou si?
Vos como medides cando botades terra nunha maceta?

09/02/2008

NOVAS FOTOS NO ÁLBUM DO INVERNO





Aumenta o álbum de imaxes do inverno, son fotos que trouxo Lucía de cando foi a neve.
Así que se vos parece que tedes fotos do inverno para compartir con nós, so tedes que traelas e publicámolas no noso álbum.

A CLASE DE 5 ANOS - C DISFRAZANDOSE

07/02/2008

ESPERANDO PARA DESFILAR

PASÁMOLO BEN

Estas son as primeiras imaxes do Entroido.
Antes de disfrazarnos fixemos festa polas clases e como vedes tamén nos prestaron os doces que as familias trouxeron para compartir.
RIQUIIISIMOS!!!!!

06/02/2008

PELO GATO VINTE E CATRO


Pelo Gato 24

Un proxecto, impulsado pola Asociación de Gaiteiros de Galicia, PAI Música e Mr. Misto, ten como destinatarios os rapaces de primaria, cun claro interese docente.
VIDEO CLIP "DEBAIXO DA FIGUEIRA"

01/02/2008

O ENTROIDO

Hoxe celebramos o Entroido no colexio, e como fixo mal tempo tivemos que quedarnos dentro, así que para os que non puidechedes ver os disfraces que sepades que iba todo o colexio do mismo tema:
CARNAVAL DE VENECIA
Cando poida irei poñendo imaxes do desfile, pero de momento, como O Entroido este ano casi nos pilla comendo turrón, e un pouco máis temos que celebrar o día da PAZ vestidos de choqueiros, penso que non tivemos o tempo de outros anos de traballar sobre este tema, poño uns enlaces que me parecen interesantes por si vos apetece miralos.
O ENTROIDO EN GALICIA
ENTROIDO EN LAZA
ENTROIDO EN VERIN