24/05/2008

BUSCADORES DE INTERNET CON FILTROS


Como vedes, cada día os nenos e nenas da nosa clase usan máis o ordenador e comezan a facer pequenas busquedas pola rede.
Para que está busqueda sexa máis segura hai "buscadores" con filtros, un deles témolo enlazado no AULA BLOGUE, no apartado de INTERESANTE, co nome de buscador infantil.

Compartiu esta información:Ana (mamá de Clara)
Novos hábitos educativos, na revista dixital

23/05/2008

22/05/2008

cucucricri




Banda sonora da visita ó Monte de San Pedro

21/05/2008

ESTIVEMOS NO MONTE DE SAN PEDRO



Casi non podemos ir, ameazaba con chover, pero atrevimonos e valeu a pena.
Acompañounos Guti, e foinos ensinando os nomes dalgunhas plantas e animais que atopamos no roteiro.
Contounos unha "lenda" sobre a planta de namorar que medra por alí, foi moi interesante , divertido e.........cansado.

SAÍMOS NO XORNAL - LA OPINIÓN

ARTIGO SOBRE O NOSO AULA BLOGUE

20/05/2008

IMOS DE EXCURSIÓN

Mañán, mércores 21 de maio, iremos de excursión ó Monte de San Pedro, según o programa de ed. ambiental "Veo Veo".

18/05/2008

FOTOS DE GANDARIO

Poño un enlace a galeria de fotos que aparece no artigo da revista escolar
Fotos de Gandario

15/05/2008

2º DÍA DE GRAVACIÓN

Un exito!!!!!
En realidade xa estamos acostumados a que todo vaia ben, me parece que ten moito que ver con que nos divertimos.
Desta vez ata lle bailamos unha peza o son da gaita e pandeireta, e houbo quen, metida en faena se subiu a unha árbore....para gravar un plano picado, claro.
O equipo de producción (maquillaxe, vestiario, canguros, catering, técnicos, observadores..)coma sempre atento a todo.
Xa nos falta menos, próxima gravación o día 31 de maio no Monte de San Pedro.
O mellor, os nenos e nenas coa naturalidade que os caracteriza.
Compartindo fotos
Miguel Figueira manda as primeiras fotos da rodaxe.

1º PREMIO!!!!!!!!!!!!!!!


1º premio Espiral edublogs 2008
blogs de aula na categoria de infantil

14/05/2008

17 DE MAIO - DÍA DE INTERNET


Tamén é o día de internet, e agora que os nenos e nenas da nosa clase xa comezan a facer busquedas na rede, non está de máis falar dos buscadores infantis que filtran contidos e fan as busquedas máis seguras.
Buscador infantil
Ana, a mamá de Clara e Silvia, compartiu este recurso con nós.