30/04/2008

XA TEÑEN 6 ANOS!!!!


Photobucket
PARABÉNS HELENA!!!
PARABÉNS GONZALO!!!
PARABÉNS ANA!!!

29/04/2008

COMPARTINDO FOTOS


Máis de 40 fotos nos mandou Inma para compartir a capturanubes@gmail, e por suposto xa están no álbum aeroporto EPB

27/04/2008

TAMÉN SE PODE CAPTURAR O VENTO

26/04/2008

XA TEMOS AS PRIMEIRAS IMAXES



Para compartir as fotos e facilitar que as poidamos ver tod@s, podedes mandalas a capturanubes@gmail.com, e subireinas ó álbum AEROPORTO E.P.B

25/04/2008

BENVIDA Á WEB MILNENOS

A web da ANPA do noso cole tamén capturanubes, e no AULA BLOGUE damoslle a benvida con un enlace dende o blog.

24/04/2008

UN EXITO!!!!!

Todo funcionou espectacularmente:
VESTIARIO...perdón polo despiste!!!!!
MAQUILLAXE
PELUQUERIA
CATERING
CANGUROS
ILUMINACIÓN, dou guerra....
CÁMARAS
PRODUCCIÓN.....
Non fallou nada.....uffff....
e o mellor de todo @s nen@s que demostraron a súa "profesionalidade" diante das cámaras.

EXPECTACIÓN NO AEROPORTO E.P.B.!




Hoxe chegan , por fin , @s esperad@s artistas da compañía de danza "AS NUBES VIAXEIRAS", e no aeroporto cóntase unha grande cantidade de xente para recibilos,
tendo en conta que a "famosa" cantante MAITE tamén forma parte da compañia.
Sabemos de boa tinta que os acompaña un equipo de colaborador@s, encargados de que todo esté o seu gusto,(vestiario, estilismo, técnic@s, catering...)
Nós dende AULA BLOGUE faremos un seguimento da súa estancia na cidade.

23/04/2008

23 DE ABRIL DIA MUNDIAL DO LIBRO


Un video ben bonito no blog OURIZOS E CHICAROS
Un blog que ben merece a pena visitar





DIA DO LIBRO NA REVISTA DIXITAL
"O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. ...


Nós tamén o celebramos na biblioteca do colexio, como non, xuntando libros e TICs, que non son incompatibles, máis ben todo o contrario.
En educación ifantil "5 anos " o protagonista do día foi KIRIKÚ, do que vimos a pelicula e tamén os libros que pronto estarán en prestamo na biblioteca.
Hoxe tamén todos os nenos e nenas trouxeron o carné da biblioteca e levan un libro para a casa.
KIRIKÚ
para colorear

21/04/2008

A COMPAÑIA DE DANZA "AS NUBES VIAXEIRAS" ACTUARÁ PRÓXIMAMENTE NA NOSA CIDADE


A chegada de parte da compañía está prevista para o xoves 24 ó aeroporto Emilia Pardo Bazán.
Interpretarán ,nunha única actuación ,a finais de Maio, baixo a dirección da coreógrafa Eva Faraldo, unha danza neoclásica con música de Beethoven (minueto en sol maior).

19/04/2008

ARDORA

"Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 34 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora so debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e o arquivo (applet de Java) que contén a actividade, ahora so precisará un navegador para visionar e poder realizar o exercicio diseñado.
Con esta aplicación estamos traballando na nosa clase e as actividades resultan moi motivadoras, xa que permiten que sexan protagonistas @s nen@s , utilizando fotos súas entre outras cousas."
Quen queira ter as actividades ARDORA no ordenador ten que descargar o programa(DESCARGA ARDORA) e traer á clase unha memoria USB.