25/12/2007

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA




Este vai ser o agasallo do que falara na clase antes das vacacións, e como non podía ser doutra maneira ten que ver coa nosa xa longa memoria na escola.
O primeiro curso que estivemos xuntos, ala polo 2005-2006, cando tod@s comezabamos no colexio, escoitamos, e digo ben, escoitamos moitas veces o conto da toupiña, tamén o miramos, limos, dramatizamos e bailamos.
Este conto tan fermoso está editado por KALANDRAKA en galego , narrado por Xosé Touriñan (actor), cunha escolleita de música galega que fixo Bocixa (músico).
Todo este traballo tiña como fin unha adaptación teatral feita por min mesma para @s alumn@s do meu último curso en Malpica.
Agora como complemento o feito anteriormente e pensando no gozo de tod@s vouno poñer no blog.
Iran aparecendo as imaxes e sons pouco a pouco, e así será coma se fósedes lendo e escoitando por capítulos.
Espero que vos guste

Um comentário:

Conta algo...