31/05/2008

AS NUBES VIAXEIRAS INVADEN O MONTE DE SAN PEDRO NUN DÍA DE SOL


Último día de gravación da xa famosa curtametraxe "AS NUBES VIAXEIRAS", que como tod@s esperabamos foi un éxito!!!!!.

Destacar que , agás das moi coñecidas(e non por elo menos ricas )galletas que fai Karina, degustamos varios biscoitos feitos na casa, o de amendoa podo confirmar estaba rico, ainda que pidovos a opinión sobre este tema pois había onde escoller.
As primeiras imaxes no álbum gravación no Monte de San Pedro.
Como había moitas cámaras, xa sabedes que podedes mandar a capturanubes@gmail.com, para compartir as imaxes con nós.

29/05/2008

27/05/2008

DECLARACIÓNS DE SARA A VIAXEIRA PARA "aula blogue"



A poucos días da actuación da compañia de danza "As nubes viaxeiras",temos as primeiras declaracións dunha das compoñentes:
Sara a viaxeira, que está recien chegada da Arxentina, e contanos unha historia onde demostra o seu dominio da fala dese país.
Un documento sonoro dun valor extraordinario.


Un saúdo para o blog arxentino MI SALA DE 5, finalista dos premios espiral de edublogs

26/05/2008

AUDIOADIVIÑAS ILUSTRADAS



Hoxe repartimonos en dous grupos, un quedou con Eva, a profe de música ensaiando a danza que teñen que gravar o sábado no monte de San Pedro e o outro grupo foi como non ó encerado dixital e fixo un debuxo colectivo.
Escoita e adiviña quen dibuxou cada elemento da ilustración.
Unha pista:
Escoita o audio

24/05/2008

BUSCADORES DE INTERNET CON FILTROS


Como vedes, cada día os nenos e nenas da nosa clase usan máis o ordenador e comezan a facer pequenas busquedas pola rede.
Para que está busqueda sexa máis segura hai "buscadores" con filtros, un deles témolo enlazado no AULA BLOGUE, no apartado de INTERESANTE, co nome de buscador infantil.

Compartiu esta información:Ana (mamá de Clara)
Novos hábitos educativos, na revista dixital

23/05/2008

22/05/2008

cucucricri




Banda sonora da visita ó Monte de San Pedro

21/05/2008

ESTIVEMOS NO MONTE DE SAN PEDRO



Casi non podemos ir, ameazaba con chover, pero atrevimonos e valeu a pena.
Acompañounos Guti, e foinos ensinando os nomes dalgunhas plantas e animais que atopamos no roteiro.
Contounos unha "lenda" sobre a planta de namorar que medra por alí, foi moi interesante , divertido e.........cansado.

SAÍMOS NO XORNAL - LA OPINIÓN

ARTIGO SOBRE O NOSO AULA BLOGUE

20/05/2008

IMOS DE EXCURSIÓN

Mañán, mércores 21 de maio, iremos de excursión ó Monte de San Pedro, según o programa de ed. ambiental "Veo Veo".

18/05/2008

FOTOS DE GANDARIO

Poño un enlace a galeria de fotos que aparece no artigo da revista escolar
Fotos de Gandario

15/05/2008

2º DÍA DE GRAVACIÓN

Un exito!!!!!
En realidade xa estamos acostumados a que todo vaia ben, me parece que ten moito que ver con que nos divertimos.
Desta vez ata lle bailamos unha peza o son da gaita e pandeireta, e houbo quen, metida en faena se subiu a unha árbore....para gravar un plano picado, claro.
O equipo de producción (maquillaxe, vestiario, canguros, catering, técnicos, observadores..)coma sempre atento a todo.
Xa nos falta menos, próxima gravación o día 31 de maio no Monte de San Pedro.
O mellor, os nenos e nenas coa naturalidade que os caracteriza.
Compartindo fotos
Miguel Figueira manda as primeiras fotos da rodaxe.

1º PREMIO!!!!!!!!!!!!!!!


1º premio Espiral edublogs 2008
blogs de aula na categoria de infantil

14/05/2008

17 DE MAIO - DÍA DE INTERNET


Tamén é o día de internet, e agora que os nenos e nenas da nosa clase xa comezan a facer busquedas na rede, non está de máis falar dos buscadores infantis que filtran contidos e fan as busquedas máis seguras.
Buscador infantil
Ana, a mamá de Clara e Silvia, compartiu este recurso con nós.

13/05/2008

O AÑO PITAÑO - LETRAS GALEGAS 2008

Seguimos na semán das letras galegas e imos escoitar un poema de Xosé Maria Álvarez Blázquez na voz dos consagrad@s actores e actrices de 5 anos B.

Como podedes comprobar @s comentaristas intrépid@s van en aumento e no blog xa se fan notar, ánimo, cantos máis comentarios máis vivo está o AULA BLOGUE.

12/05/2008

COMENTARISTAS INTRÉPIDAS de 5 ANOS


Clara e Silvia, decididas e emprendedoras puxéronse a facer comentarios e fixeron 5 dun golpe, son moi interesantes. Teñen moito merito xa que elas solas sin axuda conseguiron publicar.
Un pouco sorprendida polo "caso" pregunteille a súa nai a ver se sabía algo, tan sorprendida coma min (ou sexa non tiña nin idea), contestou:
- Como sabes que foron elas?
- Seino, porque firmaron, como debe ser.
Parabéns as dúas.
2º comentario
3º comentario
4º comentario
5º comentario

10/05/2008

SOMBREIROS SEN CHAPEU


TANXARINA no Forum ás 17:30, domingo 11
Sombras chinesas e titeres, que máis se pode pedir?

08/05/2008

LETRAS GALEGAS 2008- XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ


Este ano o día das letras galegas está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez, como non podía ser menos nós imos participar desta homenaxe.
Que mellor que a súa voz para comezar a coñecelo.

07/05/2008

SOMOS FINALISTAS!!!!!


II PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS
Que vos parece?
O noso é un blog de aula, e tamén hai na mesma categoría blogs de aulas de primaria, secundaria ou mesmo bacharelato.... outros tres blogs de infantil son tamén finalistas:
GLOBOLANDÍA Son veciños e xa os temos enlazados no AULA BLOGUE
MI SALA DE 5 Trelew, Chubut, Argentina
ELS DOFINS DE LA RIERA Sant Pere de Ribes : Garraf : España
O mellor de todo é compartir experiencias, recursos, ver outras aulas como traballan.........comprobar que a distancia xa non é un inconvinte.
Adicarlle un tempo a mirar outros edublogs é un placer.
Un superedublog de inglésThink in English.(tamén é un edublog veciño de Arteixo).
Litlle bloggers Publican nos seus propios blogs, en INGLÉS e son alumnos e alumnas de5º de primaria.

06/05/2008

KIRIKOU, MON AMI

SAÍDA EN MAIO

Mañán mércores 7 de maio, iremos visitar OS CANTÓNS, visita aprazada por o mal tempo.
Esperemos que mañán non ocorra o mesmo.

05/05/2008

AS NUBES VIAXEIRAS

o Xoves 8 de maio teremos a segunda xornada de gravación.
(se o tempo o permite, xa que amenaza chuvia)
Virán vestidos con roupa cómoda e cores alegres.

O horario de chegada é o seguinte:

16:30
CLARA, ANA, JORGE, SARA, FIKRE, ELOY
17:00
MAITE, ALBERTO, JULIA, LAURA GOIRIZ, LUCAS, PABLO, SELENE
17:30
DIEGO, LOLA,AARÓN, HELENA
18:00
NEREA, GONZALO, LAURA NOGAREDA, LUCÍA LORENZO, LUCÍA VILLANUEVA
18:30
AINHOA, ALBA, CRIS