26/10/2012

MENUDA CABAZA, XA CHEGA O SAMAÍN!



"O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.
É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc."
Tempo de Samaín.
Xogo en liña con cabazas.
Cabazas para pintar.

18/10/2012

A MIN GUSTARÍAME SER DE COR VERDE!

Moitas cores aparecen no libro: De que cor es ti?

Con este libro imos enredar nas próximas semáns:. Faremos lectura, grabacións de audio, contarémosllo a quen o queira escoitar, inventaremos cores...

AXENDA CULTURAL

16/10/2012

PICOTI, PICOTA

Curta e deliciosa animación en francés que nos vai acompañar neste mes de outubro.

ADIVIÑA QUEN RECITA A LÚA PERDEU O SONO?

Xa temos duas grabacións do poema : A lúa perdeu o sono.
De quen será esta voz?

09/10/2012

A LÚA PERDEU O SONO...

Novidades en Radio 4!
Por fin xa unha das voces da nosa radio, Yasmina da aula de 5º A, máis coñecida por 4 anos A, recitando o poema: A lúa perdeu o sono, do libro Fafarraios de Gloria Sánchez.

A lúa perdeu o sono
non o atopa por ningures.
Mal sabe lúa luada
lúa con sono,
non é nada,
non é nada.

Noutros colexios tamén aprenderon o mesmo poema:
Petos cheos de poesía.