30/09/2008

ESTÁ CLARÍSIMO QUE O GATO DÍ MIAU-MIAU...PERO, QUE DÍ O MENIÑO?

Este conto está tendo moito éxito entre os nenos e nenas de tres anos que agás de podelo ler en formato libro, léelo e escoitalo en formato dixital no ordenador, tamén o poden tocar e manipular no encerado dixital interactivo ou miralo nun pequeno vídeo.

29/09/2008

MIAU -CUAC - MUUUUUUUUUUU....

... Son algúns dos "sons" que aparecen no divertido libro da colección "do berce á lúa", da edit. KALANDRAKA e dos que gozamos xa nas aulas de 3 anos.

O caso é que xa tedes as ilustracións no blog, pero aínda non din co "truco" de subir os sons coa aplicación scribd (é a primeira vez que a uso) o que si podedes é descargalas en formato pps.


25/09/2008

COCORICO - QUIQUIRIQUÍ


No blog do Ceip Argantonio de Sevilla, que é un blog de aula de educación infantil co que espero estreitar lazos durante este curso escolar, recoméndannos a lectura de COCORICO.
Unha posibilidade de lectura para pequenos e grandes.
... e de paso botámoslle un ollo ó blog que nos transporta as aulas de Andalucía.
Este libro podédelo atopar na biblioteca do colexio.

22/09/2008

QUE VAI PASAR CO BLOG?

Iso digo eu , que vai pasar?
O caso é que pase algo.
Así que comezamos unha etapa de reformas na que me gustaría contar con todas as persoas que fixeron tan interesante a traxectoria do curso pasado, en especial cos nenos e nenas da "miña clase" que agora xa desde primaria poden participar activamente como mínimo cos seus comentarios.


O primeiro que ides notar é un cambio nas etiquetas: A NATUREZA, CELEBRACIÓNS, INVESTIGANDO... pasarán a ser curso 07/08. Este cambio fareino con calma, pero non se me ocorre outra maneira máis sinxela de manter as entradas do curso pasado fáciles de
atopar.

11/09/2008

PRIMEIRO DE PRIMARIA


Foi un gusto recibir e estar ata a hora do recreo cos nenos e nenas de 1º B.
Están grandes, morenos e como sempre con moita enerxía.
Un novo curso e unha nova etapa educativa que seguro vai ser apaixoante.
Os meus mellores desexos para todos e todas.
A vosa titora de Educación Infantil .
María

10/09/2008

UN NOVO CURSO



Pouco a pouco no AULA BLOGUE iremos collendo o ritmo do novo curso.
Benvidos e benvidas
A disfrutar!!¡