PRIMEIRO DE PRIMARIA
Foi un gusto recibir e estar ata a hora do recreo cos nenos e nenas de 1º B.
Están grandes, morenos e como sempre con moita enerxía.
Un novo curso e unha nova etapa educativa que seguro vai ser apaixoante.
Os meus mellores desexos para todos e todas.
A vosa titora de Educación Infantil .
María
Seguro que para eles tamén foi unha alegría moi grande atopar unha cara coñecida e amiga neste día que viñan tan nerviosos.
ResponderExcluirEsperemos que todos os bos desexos se vexan cumpridos e lembren este día como o do comezo dunha aventura apaixoante e divertida...
Xa sabes que para eles e para nós puxeches un listón moi alto.
Ánimo e sorte na túa nova andaina.