29/02/2008

DE QUE ESTÁN FEITAS AS NUBES?

Unha nova investigación entra de cheo na nosa clase.
Xa comprobamos que as nubes teñen distintas formas e cores, que uns días hai nubes e outros non, que non hai unha nube igual a outra...., pero aínda nos queda moito por saber das nubes.
Se sabedes de que están feitas contádenolo, mentres escoitade o audio e a ver que resposta vos convence máis.

28/02/2008

A NUBE VIAXEIRA

A NUBE VIAXEIRA

OLA
SON UNHA NUBE
PERFECTA
GUAPA
LISTA

DE CIENCIAS E DE QUIMICA

TERREMOTO ¡!!

DE SEVILLA, CHINA , ETIOPÍA E ALMERÍA


DE
BRAGA E DE PRAGA

DE TENERIFE, LARACHA, VALENCIA, PAIOSACO E CABRÍA

DE VIGO,AGUIÑO, CURTIS E GUNDIVÓS

PARÍS, PONTEDEUME, RIBEIRA E A POBOA

BARCELONA
A CORUÑA
CAMELLE E XAPÓN

O TEIDE
INGLATERRA
MALPICA

A TORRE DE HERCULES, SANTA CRUZ E MARÍA PITA

DE FRANCIA, BERDILLO E ARTEIXO
DA MIÑA CASA E DE FERROL

OLA
SON UNHA NUBE VIAXEIRA
MIRANDO OS COCHES
MIRANDONOS A NÓS
MIRANDO O ESPACIO

SON UNHA NUBE

CHAO

autor@s:a nosa clase

27/02/2008

SIGUEN CHEGANDO AS NUBES Á CLASE

25/02/2008

LUCAS E DIEGO


Lucas e Diego xa teñen 6 anos!!!!
PARABÉNS LUCAS
PARABÉNS DIEGO

Photobucket

22/02/2008

E VEÑA NUBES!!!

INVENTANDO NUBES
Desde bicos de vento mandáronnos un enlace para inventar nubes e podo asegurar que funciona, e que é divertido.
Compartir recursos, información, actividades... é unha das cousas das que disfutamos co noso blog, a selección previa dos mesmos leva tempo e esforzo, por iso é moi de agradecer cando nolo facilitan:
GRAZAS A BICOS DE VENTO
A ver se se nos ocurre un poema para mandarlles.

21/02/2008

UNHA CLASE DE INGLÉS ESPECIAL

Durante uns días estiveron no noso colexio tres profesoras inglesas, máis exactamente de Plymouth, no sur de Inglaterra.
Na nosa clase estivo Cris, incluso tiñamos unha foto, que por motivos difíciles de explicar ,desapareceu da cámara, pero a cambio temos a gravación da canción que nos ensinou.
Unha clase de inglés moi especial para tod@s.



20/02/2008

UN IMPRESIONANTE VIDEO DE NUBES!!!!

Desde Aguiño, os calcetins do TENDAL DE CALCETINS, grandes capturador@s de nubes, mandaron este video


e nós mandamoslle unha apreta moi grande para tod@s.

18/02/2008

POR FIN CAPTURAMOS NUBES!!!






Hoxe pola mañán, o ceo estaba cheo de nubes e non desaproveitamos a oportunidade de saír a captura.
Tivemos éxito e conseguimos 25 nubes distintas, cada mirada a través da cámara viu unha nube diferente e todas iran aparecendo no álbum pouco a pouco.
Outra maneira de capturar nubes é observalas, recórdalas é pintalas.
Isto foi o que fixemos en dous soportes diferentes:
No encerado dixital e en papel.

15/02/2008

UN DÍA MÁIS SIN CAPTURAR UNHA SOA NUBE


Nubes rosas
Porto de Sada
19/1/2008
Julio/adulto


Nós saímos a capturar e casi o conseguimos, xa que fixemos todo o proceso:
- Organizámonos por equipos.
- Saímos a observar.
- Vimos nubes.
- Buscámolas no visor da cámara.
- Disparamos e..........a cámara tiña a memoria chea e non podemos sacar a foto.
Tamén houbo algún despiste pequeno cos equipos.
Así que o de comprobar a cámara antes de saír a capturar é importante, hoxe aprendémolo
ben.


Como podedes ver no álbum NUBES,xa nos mandaron as primeiras fotos, e ben bonitas que están....gracias a Julio pola súa rápida colaboración.
Localización das nubes no MAPA.

13/02/2008

CAPTURA NUBES - CERO NUBES O 1º DIA



Unha nova actividade entra na nosa clase...CAPTURA NUBES!!!!
-Como?
Con cámara de fotos dixital
-Onde?
Onde poidas e teñas a cámara contigo ,e por suposto tamén no colexio
-Quen pode participar?
Quen queira
-Que imos facer coas nubes?

Diferentes actividades, entre elas comezamos por unha colección de nubes para poñer no AULA BLOGUE, e que tod@s a disfrutemos
Como mandalas nubes "capturadas"?
Por correo electrónico a esta dirección:
capturanubes@gmail.com
Que datos deben acompañar as fotos?

-Nome do autor/a
-Titulo da foto
-Especificar: nen@, xoven ou adult@
-Onde se sacou a foto
-Data e hora aproximadas

Estades tod@s convidad@s a participar na CAPTURA DE NUBES, especialmente aqueles nen@s que siguen o AULA BLOGUE.

E por suposto organizaremos unha sesión de "blogueando" para quen non teña claro o de mandar correos electrónicos ou calquera outra dubida.

Ide pensando no día

11/02/2008

POR FIN XA ESTÁN PLANTADOS OS BULBOS!!!!!

E de paso falamos das "medidas de capacidade", claro que non das convencionais, pero si de uso común:
- Unha pisquiña
- Unha presa ou puñado
- Unha man chea
Xa se sabe que non son moi exactas, ou si?
Vos como medides cando botades terra nunha maceta?

09/02/2008

NOVAS FOTOS NO ÁLBUM DO INVERNO





Aumenta o álbum de imaxes do inverno, son fotos que trouxo Lucía de cando foi a neve.
Así que se vos parece que tedes fotos do inverno para compartir con nós, so tedes que traelas e publicámolas no noso álbum.

A CLASE DE 5 ANOS - C DISFRAZANDOSE

07/02/2008

ESPERANDO PARA DESFILAR

PASÁMOLO BEN

Estas son as primeiras imaxes do Entroido.
Antes de disfrazarnos fixemos festa polas clases e como vedes tamén nos prestaron os doces que as familias trouxeron para compartir.
RIQUIIISIMOS!!!!!

06/02/2008

PELO GATO VINTE E CATRO


Pelo Gato 24

Un proxecto, impulsado pola Asociación de Gaiteiros de Galicia, PAI Música e Mr. Misto, ten como destinatarios os rapaces de primaria, cun claro interese docente.
VIDEO CLIP "DEBAIXO DA FIGUEIRA"

01/02/2008

O ENTROIDO

Hoxe celebramos o Entroido no colexio, e como fixo mal tempo tivemos que quedarnos dentro, así que para os que non puidechedes ver os disfraces que sepades que iba todo o colexio do mismo tema:
CARNAVAL DE VENECIA
Cando poida irei poñendo imaxes do desfile, pero de momento, como O Entroido este ano casi nos pilla comendo turrón, e un pouco máis temos que celebrar o día da PAZ vestidos de choqueiros, penso que non tivemos o tempo de outros anos de traballar sobre este tema, poño uns enlaces que me parecen interesantes por si vos apetece miralos.
O ENTROIDO EN GALICIA
ENTROIDO EN LAZA
ENTROIDO EN VERIN