POR FIN CAPTURAMOS NUBES!!!
Hoxe pola mañán, o ceo estaba cheo de nubes e non desaproveitamos a oportunidade de saír a captura.
Tivemos éxito e conseguimos 25 nubes distintas, cada mirada a través da cámara viu unha nube diferente e todas iran aparecendo no álbum pouco a pouco.
Outra maneira de capturar nubes é observalas, recórdalas é pintalas.
Isto foi o que fixemos en dous soportes diferentes:
No encerado dixital e en papel.
Aqui tedes un video do ceo do noso concello de Ribeira con moitas nubes, moitos bicos dos nenos e as nenas do tendal de calcetins de Aguiño.http://www.youtube.com/watch?v=bCbwj7tG44U
ResponderExcluir