30/06/2008

XA FOI A ESTREA

Cheo total na estrea de AS NUBES VIAXEIRAS.
Emocionante!!!
Avoas e avós, pais e nais, irmáns, primos e primas, amigos e amigas...un público entregado.
Un final emotivo, e moitas ganas de seguir colaborando en proxectos comúns.
OS PINCHOS ESPECTACULARES!!!
Non teño ningunha imaxe do "evento", ou sexa que por favor mandade o que teñades para compartir.
De verdade que agora teño tempo de subilas o AULA BLOGUE.

18/06/2008

PRÓXIMA ESTREA

15/06/2008

UN DÍA ESPECIAL



A cantidade de medios despregados na entrega de orlas, indica que para tod@s é un acontecemento importante, fotos...videos, quedou ben documentado, coma sempre está a posibilidade de compartir as imaxes nos álbums do blog, pero a edición das NUBES VIAXEIRAS roubame moito tempo e a subida de fotos vai lenta, ou sexa que vos pido un pouco de paciencia.
Polo momento adianto as que fixo Enrique( pai de Lola). a primeira hora da mañán do venres no patio.

11/06/2008

AULA BLOGUE TEN XORNALiSTAS DESPLAZAZADAS NA COSTA DA MORTE

Dúas coñecidas xornalistas gráficas desplazadas na Costa da Morte, especializadas en novas da Natureza, achégannos documentos gráficos propios desta época do ano.
Desde Malpica, Ana Cancela:"Hai un sauce chorón o que no seu tronco lle saíron unha chea de cogumelos, tamén unha planta de frambuesas que este ano estase poñendo a tope e por último unhas fresas que saben riquísimas."
Isabel Blanco, desde Ponteceso, manda unhas preciosas fotos dun formigueiro que está na horta da casa familiar. video

08/06/2008

UNHA TABLETA DIXITALIZADORA


Un agasallo para a nosa aula.
O premio que recolleu no noso nome Aurora Jove (premiada co Think in English) e tamén a miña profe de blogs),trouxo un agasallo para traballar na aula moi interesante, unha tableta dixital, Para que vos fagades idea de como funciona, neste video do blog PEQUEREBOREDA está moi ben explicado.

Mañán probarémola en canto poidamos, xa vos ensinaremos os resultados.

07/06/2008

reportaxe de A NOSA TERRA

A NOSA TERRA DIARIO adicanos unha reportaxe feita o día da gravación no mirador do monte de San Pedro.
Os blogs de aula, ferramenta básica no ensino.

05/06/2008

EXCURSIÓN A DOMUS


Mañá, venres día 6 imos a Domus, esta será a derradeira saída deste curso.

DIAPORAMA DA GRAVACIÓN NO MONTE DE SAN PEDRO



Feito por Enrique(pai de Lola)
O subir este diaporama ó blog, perdeu definición, para conseguir o orixinal falade con Enrique.

04/06/2008

UNHA GRANXA ARXENTINA



Unha web interesante para seguir coñecendo Arxentina, atopámolo no Blog A NOSA CLASE

Un sinxelo e divertido paseo por unha granxa, coñecendo os seus habitantes.
Máis de animais:
Animais domésticos
Galeria de imaxes