01/06/2007

NO SAN XOAN A SARDIÑA MOLLA O PAN

Este é o calendario que traballaremos este mes, e a pregunta do día é
¿Como pode mollar a sardiña o pan?
As respostas ireinas poñendo no blogue pouco a pouco

NOITE DE SAN XOAN

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño , fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo .

Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez no seu Breviario enciclopédico: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas



Unha tradición

As herbas de San Xoán en Culleredo

Pola noite de San Xoán na parroquia de San Estevo de Culleredo, Culleredo (A Coruña) déixase no exterior da casa unha tina con auga na que se botan partes de vexetais con propiedades máxicas. En Culleredo cóllense as seguintes herbas: herba luísa, santa maría, espadana, ruda, castiñeiro, nogueira, romeu, nai de tódalas herbas, que reciben o orballo purificador desa máxica noite. Pola mañá tense que lavar a cara con esta auga que posúe propiedades milagreiras.
Xa Rosalía de Castro fala desa tradición nun poema: Vinte unha crara noite / noitiña de San Xoán / poñendo as frescas herbas / na fonte a serenar.

[Información recompilada polos alumnos do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo]

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...