Assinar:
Postar comentários (Atom)
Por unha educación que nos aprenda a pensar.
Este é o nome da planta
que trouxo Helena á clase
e que se bota a cocer coas
castañas en moitos sitios ,polo
menos en A Laracha que é onde
viven seus avós.
Tamén nos propón unha adiviña:
"Alto me vexo no meu lugarexo, por unha risada perdín a miña anada"
Quen sepa a resposta que nos escriba un comentario
Marcadores: curso 07/08
hola maria, estiven ollando a páxina con miña filla Nuria, de 5 C, e gustounos moito. Enhoraboa. Por certo, non sabemos a resposta a adiviña. Bicos.
ResponderExcluirOla mamá de Nuria,estou enacantada de que participedes no AULA BLOGUE, xa que cantos máis o usemos mellor.
ResponderExcluirEu tampouco sei a resposta da adiviña,asi que imos ter que pedir axuda.
bicos
SON O PAI DE LAURA NOGAREDA,ESTAMOS A OLLAR O BLOG E AINDA QUE EU SON DE A LARACHA DESCOÑECIA A ADIVIÑA E TAMPOUCO COÑEZO A RESPOSTA.
ResponderExcluirLAURA AINDA ESTA MEDIO PACHUCHIÑA PERO TANTO ELA COMO NOS ESTAMOS ENCANTADOS CO BLOG PENSAMOS SINCERAMENTE QUE TIVECHES UNHA IDEA MOI ACERTADA E DAMOS-CHE A NOSA NORABOA .
A NEBEDA CANDO EU ERA NENO,VIVIA POR AQUEL TEMPO NA CASA DE MEUS AVOS EN BALDAIO, ERA O EDULCORANTE DOS POBRES,SAIA TODO GRATIS A NEBEDA RECOLLIASE NAS RIBAZOAS E AS CASTAÑAS DEBAIXO DOS CASTIÑEIROS;MAIS FALTOS DAS COMODIDADES DA CIDADE PERO CANTO VOTO EN FALTA AQUELES TEMPOS. GRACIÑAS MARIA
Ola
ResponderExcluirAlegrome moito que disfrutedes os dous co blog e pareceme moi evocador o que nos contas de como se usaba a nébeda.
Contareino na clase para que tod@as o saibamos.
Laura,espero que te mellores pronto.
un saúdo
Hola María. Son a mamá de Nuria. Onte estivemos intentando dende casa mandarche un comentario pero non nos funcionaba internet. Por iso o mando dende o traballo. Nuria quería que che dixera que cree que a resposta é o campanario. Non sei si será. Bicos.
ResponderExcluirImos ver
ResponderExcluiresta adiviña penso que poder ter máis de unha resposta.
Helena hoxe na clase dixonos que era o ourizo ainda que o campanario tamén é unha posibilidade.
Ata pronto
Estou deixando constancia da miña ignorancia en informatica.
ResponderExcluir