01/11/2007

Saídas escolares

As saídas que temos previstas e confirmadas para este mes de novembro son as seguintes:
- día 8, xoves, visitaremos a Fundación Barrié para ver a exposición sobre PICASSO.
- día 28, martes, iremos ó Pazo da Ópera a escoitar a obra titulada CALCETÍN AMARELO.
Nelas aprenderemos moito e pasarémolo moi ben.

3 comentários:

  1. Anônimo11/07/2007

    Hola María, son a mamá de Nuria. Ela quería escribirche pero temos problemas con internet na casa, asi que lle dixen que che mandaría o correo dende o meu traballo. Díxome Nuria que na clase con Ana falaron de Picasso e que teñe moitas ganas de ver a exposición porque parécelle un señor moi simpatico por facer as caras moi divertidas movendo de sitio os ollos, a nariz, as orellas ........E moi ameno oirlles falar destas cousas.
    Bicos.

    ResponderExcluir
  2. Ola Ana
    Si que da gusto escoitalos falar de PICASSO, que xa o curso pasado estivemos a traballar con él.
    Non sei se te fixaches que o enlace de Picasso ten parte dos cadros que imos ver na exposición.
    Recomendoche que visites a nosa axenda cultural.
    Un saúdo

    ResponderExcluir
  3. Anônimo11/08/2007

    Hola María, son Ana (mamá de Nuria) de novo. Moi interesante o enlace Picasso. Na axenda cultural falades das merendas nas bibliotecas. Nuria vai as do Forum e dime sempre que lle encantan. Recoméndollo os demais nen@s. Tamén son interesantes as obras de teatro que que fan alí e no teatro Colon. Gústanlle moito.
    Bicos.

    ResponderExcluir

Conta algo...