21/12/2007

BOAS VACACIÓNS A TOD@S

Posado clásico da nosa clase, tod@s mirando para onde lle cadra, inclusive as profes.
Rematamos o primeiro trimestre con unha festiña na que @s de primaria viñeron a actuar para @s de infantil, bailamos, probamos os doces de Nadal,......e levamos para a casa os traballos, as felicitacións, as recomendacións da biblioteca, moitos bicos e despedidas ata o próximo ano.
Agora toca vacacións e a gozar.
No noso blog tamén descansaremos aínda que hai que e estar atent@s xa que estamos en época de agasallos e supoño que tamén teremos algún, eu confío en que si porque portar portámonos moi ben, por si acaso mirádeo de vez en cando.



Audiofelicitación

Um comentário:

  1. Anônimo12/24/2007

    Bo Nadal e feliz ano novo a todos!! Ah, e boa sorte con Papá Noel ou cos reis magos,algo deixarán que eu sei de boa tinta que vos portáchedes ben.

    Unha aperta a todos e a todas.

    ResponderExcluir

Conta algo...