31/10/2007

JULIA XA TEN 5 ANOS

¡ FELICIDADES !Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

28/10/2007

LEÓN, EL BIERZO, ONAMIO, MADROÑO


Cristina ten unha avoa que é dun pobo que se chama Onamio da provincia de León , na comarca de El Bierzo.



De alí tróuxonos unha pola de madroño, con eses froitos tan bonitos que @s que quixeron probaron e @s que non miraron asombrad@s da valentía d@s maís atrevid@s.

27/10/2007

VESTIMOS A COCO, BAILAMOS CON ELMO, PASEAMOS CON CONNIE......

..............fixemos comentarios ( no blog ) por suposto.
Unha sesión divertida, na que quedou claro que esto de "collerlle o tranquillo ó blog " non é máis que poñerse a facelo e que algúen che axude se andas moi despistad@.
A próxima sesión para @s que non puideron vir onte está por marcar así que animadevos.
Tamén me gustaría comentar aquí que no blog barrio de los rosales
saiu un artigo precioso do AULA BLOGUE, e dos blogueiros máis novos, comprobadeo visitando o seu blog.





24/10/2007

COLLERLLE O TRANQUILLO O BLOG

Tal como falamos na reunión de principio de curso, mañán
venres 26 ás catro e media na biblioteca do colexio, teremos
a primeira sesión de "collerlle o tranquillo o blog "
Ainda estades a tempo de apuntarvos, promete ser divertido.

NÉBEDA OU MENTA DE GATO

Este é o nome da planta
que trouxo Helena á clase
e que se bota a cocer coas
castañas en moitos sitios ,polo
menos en A Laracha que é onde
viven seus avós.

Tamén nos propón unha adiviña:
"Alto me vexo no meu lugarexo, por unha risada perdín a miña anada"

Quen sepa a resposta que nos escriba un comentario

23/10/2007

A BIBLIOTECA DO COLEXIO ESTREA CARNÉ

Mili, a mascota da biblioteca achegouse o noso blog
para visitarnos e contarnos algunhas das novidades deste curso:
¡ Hai un novo carné !(que xa o levaron hoxe á casa).
Pronto se abrirá polas tardes (no mes de novembro).
Atoparedes moitas novidades.


20/10/2007

¡¡ACEITUNAS SIN BOTE!!



Resulta que as aceitunas non nacen nos botes do supermercado a nós xa nolo parecía ,pero Laura confirmóunolo traendo unha pola de olivo con olivas ou aceitunas.
¿QUE OUTRO ALIMENTO SACAMOS DAS ACEITUNAS QUE ESTÁ RIQUISIMO NAS ENSALADAS ?






18/10/2007

¿CANTOS ANOS CUMPLE AINHOA?


1
2
3
4
5
6
7
8
9


FELIZ
CUMPLEANOS
AINHOA

17/10/2007

PASSIFLORA EDULIS,MARACUYÁ OU FROITA DA PAIXÓN


Son algúns dos nomes da froita que nos trouxo Alba.
Abrímola e quen quixo probouna e tamén dou para repetir, curiosamente identificaban o olor co da piña.
Temos varias entradas en lista de espera que irán saindo tranquilamente nos seguintes días para que de tempo de disfrutalas e comentalas na clase, así que un pouco de paciencia que tod@s terán o seu protagonismo no "Blog de aula"

15/10/2007

REUNIÓN NAIS E PAIS

Lembrámosvos que mañán martes, día 16, ás 5 da tarde, será a reunión con todos vós.
Esperámosvos na nosa aula.

12/10/2007

¿ COÑECES ALGÚN BOSQUE ANIMADO? LOLA SI


Lola contounos que foi a un BOSQUE ANIMADO
do que nos trouxo uns figos que ben se lle nota que son especiais.
Non sabemos como se chama ese sitio pero si que temos algunha pista:
- Non é na cidade
- Se vas andando é lonxe
- Se vas en coche é cerca
- Ten moitas árbores
- ¡E ESTÁ ANIMADO!
Asi que se sabes o seu nome contalo nun comentario

10/10/2007

OUTONO



Xa se deixan ver os cambios nas cores da paisaxe que trae o outono, pero cerca da natureza é onde mellor se aprecian, así que ademais da selección de fotos de internet engado enlaces a dous sitios que nesta época do ano (e nas outras tamén ) locen espectaculares:

FRAGAS DO EUME

SERRA DO CAUREL



08/10/2007

¿QUE APAÑOU ALBERTO NO "CAMIÑO VELLO"?

Nun castiñeiro no"Camiño Vello" de A Graña , en
Ferrol ?

CLICA AQUÍ e obterás a resposta




Alí viven a súa avoa Fina e os tios de Alberto.
Tamén nos trouxo unha folla de moreira co seu froito.








03/10/2007

AS LENTELLAS DE ELOY


Eloy tróuxonos os primeiros días de clase unha planta de lentellas nunha maceta.
¡Estaban ben bonitas naqueles días de setembro!
Pero pensouno mellor e decidiu levalas de volta ao dia seguinte de traelas.
Plantounas e coidounas co seu avó nas vacacións e non era o caso deixalas con calquera.
Cando empezamos a traballar no blog cambiou de opinión e pareceulle unha boa idea volver traelas e sacarlles unha foto para que tod@s as viramos (xa non están tan vizosiñas pero aindan valen) , o único problema é que por cuestións técnicas ainda non temos esa foto, así que buscamos unha en internet.

UNHA PREGUNTA
¿ Por que é tan importante comer lentellas?
As respostas en MEMORIZA.
UNHA RECETA
UN CONTO

02/10/2007

MATILDE, HILDA E BEGOÑA

Seguimos coa presentación das mestras que interveñen na nosa aula.
A esquerda Matilde que xa coñecemos pero que aparece aqui como mestra de Actividades Alternativas, no medio Hilda que é a mestra de Relixión Evanxelista e a dereita Begoña que é a mestra de Relixión Católica.
Veñen a nosa clase os martes antes do recreo.
Faltan máis mestras por presentar, seguiremos en próximas entradas.

¿Coñécelas a todas?

O MILLO é de BERDILLO

Gracias Ana , é un millo ben bonito.


Ana trouxo millo á clase, e o millo é de Berdillo, que alí viven os seus avós, que son os que o plantan.

A pregunta é ¿ Canto se tarda en chegar a Berdillo?