29/11/2007

REPORTAXE GRÁFICA DUNHA SAÍDA ESCOLAR

Esta reportaxe gráfica é unha mostra dunha saída, pero non sempre resulta fácil facer fotos porque temos que ir atentas a tod@s.


SAÍDAS MES DE DECEMBRO

O vindeiro luns, 3 de decembro iremos ó Forum M. P. Europa a ver a obra de teatro BOLBORETA.

28/11/2007

CLARA E SILVIA XA TEÑEN 5 ANOS


Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
FELICIDADES CLARA
FELICIDADES SILVIA

CANTOS ANOS TEÑEN AS DÚAS XUNTAS?

27/11/2007

Cantos porquiños naceron?

A foto tróuxoa Pablo, e a verdade é que despois de falarnos tanto dos porcos celtas que cría o seu avó conseguiu despertar a nosa curiosidade por coñecelos.
Nada mellor para acompañar esta foto que unha das nosas gravacións.
¡IMPRESIONANTE!


26/11/2007

SAÍDA ESCOLAR

Lembrámosvos que o vindeiro mércores, día 28, iremos ao Pazo da Ópera a escoitar a obra CALCETÍN AMARELO.

23/11/2007

UN AUDIOSAÚDO Ó COLE DE PONTECESO


CASA PONDAL EN PONTECESO



Dolores, a profesora de 5 anos do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso ensinoulles o noso blog @s seus alumn@s e escribiunos un comentario xa fai un días.
Así que nos gravamos un audiosaúdo que é o noso agasallo.



Estos son versos dun poema de Eduardo Pondal, o bardo de Ponteceso.

EU NACÍN EN AGRESTE SOEDADE,
EU NACÍN CABO DUN AGRESTE OUTEIRO,
P´RONDE O ANLLÓNS, CON NOBRE MAXESTADE,
CAMIÑA Ó SEU DESTINO DERRADEIRO.

21/11/2007

DE ONDE SAEN AS PINAS?


Hoxe estivemos a mirar e tocar as pinas que trouxo Laura, e tod@s sabían que con elas se encendia ben o lume, eso e a sabiduría que nos da o ter "ALDEA".
Aquí podemos escoitar o lume cando arde.

20/11/2007

AUDIOSAÚDOS

Os nen@s do TENDAL DE CALCETINS de Aguiño, mandáronnos un saúdo e nós queremos coresponderlle con un AUDIOSAÚDO.

18/11/2007

XA CASI ESTÁN TÓDALAS GRAVACIÓNS

19 ¡É CLARA!


20 ¡É CRIS!


21 ¡É DIEGO!


22 ¡é JORGE!

16/11/2007

NOVAS AUDIOADIVIÑAS

Como temos a fin de semán por diante vou poñer as audioadiviñas que faltan.
Estas son máis faciles de adiviñar polo que non vou poñer pistas.
Así que alo van:
(unha pista pequena tod@s empezan por A)

14


15


16 ¡É ALBERTO!


17


18

TORRE DE CARAMELO

Torre de caramelo é como lle chamaba PICASSO a Torre de Hércules cando a pintaba na época en que vivía na Coruña.
Contado por Adriana (a nosa guía) cando fumos á Fundación Barrie.

14/11/2007

O MAGOSTO

Escoita como arde


Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O magosto é unha celebración tradicional relacionada coa recollida das castañas.
No noso colexio celebramolo mañán en educ. infantil e o venres en educ. primaria.
Aqui tedes unha mostra do ben que cantan tod@s unha repichoca do Magosto que lles ensinou Eva a profesora de música.


NON CHAS QUERO
NON CHAS QUERO

13/11/2007

¿SABES DE ONDE SON ESTAS PEZAS?

Nº1 preme aqui para ver a resposta

Nº2 preme aqui para ver a resposta

Si, o que teñen en común BUÑO e GUNDIVÓS é que os dous son pobos oleiros.
¿Cal destas pezas é de BUÑO e cal e de GUNDIVÓS?

12/11/2007

¿QUE TEÑEN EN COMÚN GUNDIVÓS E BUÑO?



Sara ten a súa "aldea" en MONFORTE DE LEMOS, nun pobo con un nome fantástico GUNDIVÓS, e xa non podo seguir contando............investigade e a ver que descubrides.
¡Por certo Sara as noces que trouxeches á clase (polo menos unha)están moi ricas!

10/11/2007

SEGUIMOS A FALAR DE PICASSO

Un resumo en MEMORIZA

O mellor é ver como pintaba

09/11/2007

OUTONO MUSICAL NO NOSO COLEXIO

O vindeiro luns 12 de novembro teremos no noso colexio a actuación de Xabier Diaz.

PEDRA DE SAL É UN DOS TEMAS DO DISCO SALITRE

08/11/2007

AS DÚAS LUCIAS



Lucia e Lucia, as dúas trouxeron follas secas do outono como as que saen neste video.

MÁIS AUDIOADIVIÑAS

Xa temos a metade das grabacións publicadas no noso blog, e ainda non temos ningunha resposta, a cousa non é facil xa o sei así que vou dar algunha pista das seis primeiras.
nº1 O nome empeza por P
¡ACERTACHES!, É PABLO
nº2 O nome empeza por N
¡ACERTACHES, É NEREA!
nº3 Un nome repetido na clase
¡ACERTACHES, É LUCIA VILLANUEVA!
nº4 O nome empeza por L
¡ACERTACHES, É LOLA!
nº5 Un nome repetido na clase
¡ACERTACHES, É LUCIA LORENZO!

nº6 O nome empeza por M
¡ACERTACHES, É MAITE!



Nº7
¡ACERTACHES, É ELOY!



Nº8
¡ACERTACHES, É ALBA!



Nº9
¡ACERTACHES, É FIKRE!


Nº10
¡ACERTACHES, É GONZALO!


Nº11
¡ACERTACHES! É HELENA



Nº12
¡ACERTACHES! É JULIA



Nº13
¡ACERTACHES! É LAURA GOIRIZ

07/11/2007

AUDIOADIVIÑA - OS SONS DO OUTONO

Seguimos co outono e incorporamos entre imaxe e imaxe algún son, neste caso con unha adiviña sonora.
De quen son estas voces?

nº1


nº2


nº3


nº4


nº5


nº6

06/11/2007

04/11/2007

AS FABAS QUE TROUXO CLARA , SON DE PONTECESO?


Clara tróuxonos fabas e non nos dixo onde as colleu, así que imos supoñer que foi a por elas a PONTECESO, que son unhas fabas que teñen sona no mundo enteiro.
Pero poden ser de PIÑEIROS ou de BUÑO, ou incluso de MALPICA pero esto xa me parece máis dificil.
Clara, contanos de onde son as fabas?

01/11/2007

Saídas escolares

As saídas que temos previstas e confirmadas para este mes de novembro son as seguintes:
- día 8, xoves, visitaremos a Fundación Barrié para ver a exposición sobre PICASSO.
- día 28, martes, iremos ó Pazo da Ópera a escoitar a obra titulada CALCETÍN AMARELO.
Nelas aprenderemos moito e pasarémolo moi ben.

NEREA E O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO



Lembrades ADIVIÑA QUEN FALTA
Faltaba Nerea, que xa se incorporou e aproveitamos para darlle a benvida con este novo recurso educativo , o EDI (encerado dixital interactivo) que estreamos o mércores con moita ilusión e ao que iremos cando menos un día na semán.
EDI (unha sinxela explicación )