29/12/2007

UNHA COLABORACIÓN FANTÁSTICA


Cando pedín a colaboración de Marcos, Touriñan e Bocixa para facer a adaptación de dous contos (a toupiña..... e o coelliño branco, que tamén poñerei no blog)obtiven o
este resultado tan fantástico, así que desde aqui mandolles un saúdo e ata as próximas colaboracións.

A TOUPIÑA SOUBO QUEN FORA






E POR FIN ...


FALOU COAS MOSCAS




CO PORCO



COA VACA





COA CABRA




TAMÉN SE ATOPOU CUNHA LEBRE






28/12/2007

CANDO A TOUPIÑA SE ATOPA CO CABALO






26/12/2007

SIGUE....O CONTO









A parte do texto onde a toupiña lle pregunta os animais se foron eles.......... e os animais lle contestan non está narrada, hai que lela, e coincide cando soa a música.

25/12/2007

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA




Este vai ser o agasallo do que falara na clase antes das vacacións, e como non podía ser doutra maneira ten que ver coa nosa xa longa memoria na escola.
O primeiro curso que estivemos xuntos, ala polo 2005-2006, cando tod@s comezabamos no colexio, escoitamos, e digo ben, escoitamos moitas veces o conto da toupiña, tamén o miramos, limos, dramatizamos e bailamos.
Este conto tan fermoso está editado por KALANDRAKA en galego , narrado por Xosé Touriñan (actor), cunha escolleita de música galega que fixo Bocixa (músico).
Todo este traballo tiña como fin unha adaptación teatral feita por min mesma para @s alumn@s do meu último curso en Malpica.
Agora como complemento o feito anteriormente e pensando no gozo de tod@s vouno poñer no blog.
Iran aparecendo as imaxes e sons pouco a pouco, e así será coma se fósedes lendo e escoitando por capítulos.
Espero que vos guste

21/12/2007

BOAS VACACIÓNS A TOD@S

Posado clásico da nosa clase, tod@s mirando para onde lle cadra, inclusive as profes.
Rematamos o primeiro trimestre con unha festiña na que @s de primaria viñeron a actuar para @s de infantil, bailamos, probamos os doces de Nadal,......e levamos para a casa os traballos, as felicitacións, as recomendacións da biblioteca, moitos bicos e despedidas ata o próximo ano.
Agora toca vacacións e a gozar.
No noso blog tamén descansaremos aínda que hai que e estar atent@s xa que estamos en época de agasallos e supoño que tamén teremos algún, eu confío en que si porque portar portámonos moi ben, por si acaso mirádeo de vez en cando.



Audiofelicitación

ALBERTO XA TEN 5 ANOS


Photobucket
FELIZ CUMPLEANOS
Ainda que o mesmo día do cumple tivo un accidente, que o final se quedou en nada, puidemos celebralo na clase.

20/12/2007

JORGE FALA INGLÉS COA SÚA NAI


Jorge e a súa nai falan moitas veces en inglés e a verdade que da gusto oilos.

Escoitamos a Jorge

18/12/2007

O CASO DO OVO PEQUENO




Olalla, a profesora de audición e linguaxe do noso colexio, tróuxonos un ovo pequeno e con unha cor diferente a outros ovos que nos temos visto, ( lembramos perfectamente o ovo de avestruz que nos trouxo Fikre), deste ovo sabemos que é de galiña e pouco máis.

Estivemos pensando no caso do ovo, e saíron moitas opinións diferentes , aínda que imos escoitar a de Lucas, que non ía tan descamiñada.


Por que é tan pequeno?
Por fin Olalla desvela o misterio

Quedamos pamp@s

14/12/2007

" O MARAVILLAS"


Diego tamén xoga no MARAVILLAS , pero na nosa clase hai outros dous xogadores deste equipo.
Estes son os nomes de tod@s @s xogador@s.
Cales son da nosa clase?
MARIO, GONZALO, PABLO, ALEJANDRO, IAGO, PIPO, ADO, ALEX, DIEGO, IAGO, ALEJANDRO, ANA

13/12/2007

RIMAS CON NOITE ESTRELADA


Parece facil , pero custou buscar palabras que rimen con "ESTRELADA".

A NOITE ESTRELADA

ATADA
SENTADA
HINCHADA
DUCHADA
USADA
CAGADA
PINTADA
DIBUXADA
CONXELADA
ABUXEREADA
CALADA
PARADA

12/12/2007

O CARTEIRO REAL TAMEN É MAGO?


Hoxe chegou o colexio pola mañá "O CARTEIRO REAL", e viña nun vehículo ben bonito que conducía unha choferesa moi simpática.
Como fixo bo día saímos ó patio a recibilo e logo con moita paciencia recolleu as cartas que lle escribiramos, pero....algo de MAGO si que debe ter xa que se sabía os nomes de tod@s, a min iso si que me dou que pensar, e a vos?

11/12/2007

NOITE ESTRELADA - VAN GOGH

10/12/2007

FIGURAS XEOMÉTRICAS E PIZARRA DIXITAL

Xogar coas formas xeométricas e coas cores é algo moi sinxelo e divertido coa EDI, ou encerado dixital interactiva, nome ó que nos temos que ir acostumando, unha ferramenta fantástica para moitas das nosas actividades.

07/12/2007

LEMBRANDO O CURSO PASADO

04/12/2007

GRANDE , MEDIANO E PEQUENO, CAL ESTÁ MÁIS MADURO?



Selene e Aarón móstrannos os limóns que nos trouxo Matilde á clase e da gusto velos.
Cal está máis maduro?
En que o notas?

02/12/2007

ÚLTIMAS AUDIOADIVIÑAS DO OUTONO

O inverno xa está apartando o outono pero a nos aínda nos queda algunha entrada que poñer antes de entrar de cheo no Nadal....e que nos pon presa?
Aínda queda algunha por adiviñar, quen se atreve?

Nº 23 ¡É LUCAS!


Nº24


Nº 25 ¡É SELENE!

UNHA BIBLIOTECA, UNHA MEDIATECA

No noso colexio temos unha biblioteca fantástica, con un espazo pensado para que tod@s poidamos disfrutar dos recursos que dispón, que non son poucos, agás dos libros.
Por eso nos empeza a sonar o nome de mediateca.
Cos ordenadores con aceso a internet e o proxector, o visionado de calquera dos recursos multimedia que usemos é moito máis motivador.
Este venres estivemos no AULA BLOGUE aprendendo a navegar" nel.