22/01/2008

BULBOS DE TULIPÁN


BULBOS DE TULIPÁN
Chegounos á clase un agasallo da biblioteca da Sagrada Familia, que como sabedes imos visitar o próximo día 25.
O agasallo son bulbos de tulipán para que os plantemos e coidemos nós.
Tamén nos mandaron unha carta explicándonos o importante que é informarse antes de comezar unha tarefa de tanta responsabilidade como é a de coidar tulipáns.
Esa información temos que atopala, e nesa investigación andaremos un tempo.
Se sabedes algo deste tema, non dubidedes en contárnolo, que toda axuda é pouca.

Um comentário:

  1. Depois de moito mirar, creo que nesta páxina ides atopar información moi útil.
    http://personal.iddeo.es/plantas/tulipan.htm
    A ver se podemos velos florecer

    ResponderExcluir

Conta algo...