15/12/2008

..A GRAVADORA NAS AULAS DE INFANTIL

Expresar sentimentos, emocións, experiencias...forma parte da aprendizaxe da expresión oral, a que, como mestra de apoio, adico parte do meu horario.
Unha parte de este achegamento ten como axudante incondicional á gravadora dixital coa que de momento os nenos e nenas de 3 anos se están familiarizando ata que sexa unha ferramenta de traballo máis na aula.
A gravación das súas voces da pé a moitas actividades encamiñadas a favorecer a expresión oral e facer un seguimento da mesma.
Neste audio tedes unha mostra:
Na conversa reflexionan sobre as actividades que se fan no E.D.I. e teñen que contalo diante do micro.
Despois de cada gravación escoitamos atentamente o resultado, isto provoca risas.
Logo eu edito o son para poder colgalo no blog, pero as voces quedan tal como se gravan.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...