31/01/2008

QUE SIGNIFICA PAZ?

30/01/2008

MOITAS MANEIRAS DE ESCRIBIR PAZ, UN SÓ SIGNIFICADO


PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED
AMIGOS DE CORES NA REVISTA ESCOLAR

25/01/2008

UN PRIMEIRO VIDEO NO AULA BLOGUE



Este é o primeiro vídeo e espero que haxa máis e de mellor calidade, está gravado nun momento da visita á biblioteca, máis que un momento é un suspiro, con todo algo vese.
Cando chegamos á biblioteca xa nos estaban esperando e saíron a recibirnos as tres bibliotecarias que nos guiaron toda a visita.
Como nos explicaran na carta que recibimos hai uns dias, adicaron a maior parte do tempo os libros de saber e coñecer, entre eles a un que describía o proceso da plantación do tulipán e os seus coidados, tamén nos agasallaron cunha maceta para plantar os bulbos. Contaron un conto e tod@as tivemos que axudarlles a escoller a etiqueta que lle correspondía a cinco libros que faltaban por clasificar.........menos mal que estabamos alí.
Logo un tempo para gozar con libros e escoller o préstamo para a aula, ou sexa que durante un mes imos ter 25 libros interesantísimos.

ELOY E LUCIA XA TEÑEN 6 ANOS!. CANTOS ANOS CUMPLEN ENTRE OS DOUS?


PARABÉNS, ELOY!
PARABÉNS, LUCIA!
Photobucket
Na nosa clase o tempo voa e cada pouco hai cumpleanos, esta semán foron Eloy e Lucia os que cumplen.
Como sempre esto danos que pensar e neste caso a pregunta é:
Cantos anos cumplen entre os dous?

24/01/2008

INFORMACIÓN DOS TULIPÁNS

Continua a investigación dos tulipáns.
Mañán é o día que imos ir a biblioteca da Sagrada Familia, e entre outras cousas van explicar como buscar información nunha biblioteca, pero na clase xa falamos deste tema e con axuda van aparecendo páxinas en internet que nos poden dar algunhas pautas de como plantar e coidar os tulipáns.
Aquí van os enlaces atopados por Alfonso (pai de Alberto) e Karina (nai de Eloy).
Moitas grazas pola axuda e...........a seguir investigando

22/01/2008

BULBOS DE TULIPÁN


BULBOS DE TULIPÁN
Chegounos á clase un agasallo da biblioteca da Sagrada Familia, que como sabedes imos visitar o próximo día 25.
O agasallo son bulbos de tulipán para que os plantemos e coidemos nós.
Tamén nos mandaron unha carta explicándonos o importante que é informarse antes de comezar unha tarefa de tanta responsabilidade como é a de coidar tulipáns.
Esa información temos que atopala, e nesa investigación andaremos un tempo.
Se sabedes algo deste tema, non dubidedes en contárnolo, que toda axuda é pouca.

18/01/2008

"A GRAVADORA"

A verdade é que "a gravadora" xa forma parte do noso dia a dia na clase, non hai tanto que a temos e xa usamos como se a tiveramos sempre.
Comezamos no curso pasado gravando no ordenador, que non está mal pero resta autonomía.
A gravadora ofrece máis posibilidades, unha delas é a facilidade de manexo para @s nen@s.
En eso estamos e comeza unha serie de publicacións de historias gravadas dun xeito autonomo, as pautas son:
Pensar un tema, ensaiar un pouco e a gravar.
Como é lóxico os resultados irán aparecendo no blog pouco a pouco.




PABLO



HELENA

17/01/2008

SAÍDA EN XANEIRO

O vindeiro venres día 25 , faremos unha visita á BIBLIOTECA da Sagrada Familia.

16/01/2008

14/01/2008

PORQUE SE RI A CHUVIA?

Se escoitades con atención apreciaredes que esta chuvia estase rindo, eu é a primeira vez que me dou conta que a chuvia ri, e gustaríame saber que é o que lle fai gracia.
Alguén o sabe?




WUNPA

Falando do inverno e do frio aqui vai un novo recurso educativo moi interesante que nos achega o mundo dos INUITS dun xeito moi lúdico.
WUNPA
Onde se desenvolven as actividades WUNPA hai xeo, neve, osos polares, focas.... as persoas viven en casas de xeo, podes bucear e descubrir tesouros, deseñar os teus propios peixes, e sobre todo disfrutar aprendendo.

Este recurso atopeino via EDIGA

12/01/2008

O INVERNO....CHUVIA, VENTO, FRIO E NEVE

Maite canta unha canción que lle ensinou a súa avoa Teresa, que nos explica moitas cousas das ovellas.
Conversa sobre as ovellas na clase





E nestas fotos de Soldón,no Caurel da ganas de vestir un abrigo de lá de ovella e ir a xogar coa neve.

09/01/2008

XA CUMPLEN 6 ANOS!!!!!!!!

Nerea, Jorge e Lola xa teñen 6 anos, pero :
Cantos anos teñen entre @s tres?
mmmmm!
6 ANOS DE NEREA
6 ANOS DE JORGE
6 ANOS DE LOLA
necesito axuda
son.................................ufff!, empezo outra vez
Photobucket
PARABÉNS A JORGE, NEREA E LOLA

07/01/2008

QUE SABEMOS DAS OVELLAS?

Seguro que un montón de cousas entre tod@s.
Estas das fotos viven en Amarante, pretiño de Betanzos.
Fotos de Betanzos

Se alguén de vos coñece algunha ovella ou viu algunha de cerca que no lo conte.


05/01/2008

O TIGRE TREPADOR

Outro agasallo para tod@s, o tigre trepador é un conto precioso que conta con seis premios internacionales, un deles o libro mellor ilustrado.
Enlace para descargalo en formato power point




música de Ismael Lo