25/12/2008

UNHAS RISAS

Gabriel Tizón
Unha páxina moi interesante e chea de sorpresas, algunhas son imaxes duras dunha realidade moitas veces esquecida por nós, outras son dunha gran beleza e tamén hai imaxes divertidas.

17/12/2008

NAS VACACIÓNS HAI MÁIS TEMPO PARA...

...gozar coa lectura, a música ou mirar con tranquilidade un audiovisual cos nosos nenos e nenas.
Aqui tedes unhas páxinas para que lles botedes un ollo,
Podedes mandar enderezos que vos parezan interesantes a capturanubes@gmail.com.


Os xogos:
Cativadas
atopado en Opaco
A maxia:
Unha chea de maxia percorrendo toda Galicia no
NADAL MÁXICO.
Os libros:
- kalandraka

- Factoría K

- OQO
- Galaxia

Ou as novas propostas de contos, música e imaxe en movemento

Unha mostra de contos en cantos


EnlaceEnlace

15/12/2008

..A GRAVADORA NAS AULAS DE INFANTIL

Expresar sentimentos, emocións, experiencias...forma parte da aprendizaxe da expresión oral, a que, como mestra de apoio, adico parte do meu horario.
Unha parte de este achegamento ten como axudante incondicional á gravadora dixital coa que de momento os nenos e nenas de 3 anos se están familiarizando ata que sexa unha ferramenta de traballo máis na aula.
A gravación das súas voces da pé a moitas actividades encamiñadas a favorecer a expresión oral e facer un seguimento da mesma.
Neste audio tedes unha mostra:
Na conversa reflexionan sobre as actividades que se fan no E.D.I. e teñen que contalo diante do micro.
Despois de cada gravación escoitamos atentamente o resultado, isto provoca risas.
Logo eu edito o son para poder colgalo no blog, pero as voces quedan tal como se gravan.

11/12/2008

COÑECENDO MELLOR O BLOG

RECURSOS

Este apartado do blog ten un montón de recursos educativo-divertidos.
Na presentación vedes só algunhas das posibilidades que nos ofrece, botade un ollo e opinade facendo algunha das propostas.

Son moi recomendables para toda a familia.

08/12/2008

UN CONTO DE INVERNO

06/12/2008

HABLAPORMIDICEIAGO

Fai xa un tempo que sigo o blog de Iago, un neno de 9 anos que ten moito que contar...e que a través do seu blog nos agasalla con un montón de experiencias que merecen ser lidas.
Parabéns para Iago e a súa familia.




QUIÉN SOY?, no se cómo definir mi discapacidad, ¿autismo? en parte, ¿hiperactivo? me encanta, realmente no se puede definir, dicen que estoy dentro del espectro autista, porque existieron otros factores que pudieron afectar en lo que ahora soy, por lo tanto no puede ser autismo puro. Tengo una discreta atrofia subcortical, que según el médico, mucha gente tiene, sin que le pase nada, nací prematuro, estuve en incubadora y con ventilación asistida, mi mami lo pasó mal en el embarazo, tuvo perdidas y contracciones, hasta se quedó sin liquido, justo cuando decidieron los médicos que debía salir. Realmente es una mezcla de cosas.

Ahora mismo, como ya habréis deducido por el título del blog, no hablo, bueno, digo palabras, pero de una en una, no sé unir 2 palabras, pero se explicarme muy bien, todo el mundo me entiende, ya tengo un lenguaje propio, algún día tendré un lenguaje que más gente entienda. Es muy difícil que hable, porque si no lo he hecho hasta ahora, es complicado que lo haga a partir de ya, pero no descarto hablar por signos algún día.

04/12/2008

OS OLLOS DA NUBE CAMBIAN DE COR

No Encerado Dixital as nubes cambian a cor dos ollos... non é maxia... é TECNOLOXÍA.

video
Actividade no EDI realizada por un grupo de seis nen@s de 3 anos.


Os pasos para facer unha pequena animación son sinxelos, (pódense ver no seguinte vídeo), e moi divertidos para que os nenos e nenas se vaian facendo co manexo do E.D.I.




video


O programa SMART permite gardar as diapostivas como imaxes (jpeg) para editar en formato video ou presentación e conseguir unha apariencia de "animación", ou cando menos un xogo visual de observación partindo dunha produción propia.

02/12/2008

VAI MOITO FRIO!!

Remata o outono, chove, vai moito frío, sopla o vento e por algúns sitios ata neva.
Será que está chegando o inverno?



video