10/05/2009

NABELA ,GABRIEL E A SÚA HISTORIA

Gabriel Tizón contoume un día a fermosa historia de Nabela, do seu sorriso e vitalidade nun mundo cheo de dificultades e carencias...cando menos da que pensar, non sí?




O SORRISO DE NABELA:

Todas as mañás escoitaba un sorriso que destacaba por riba da algarabía dos nenos mentres xogaban, o de Nabela, unha nena de 6 anos que estaba todo o tempo bromeando e vacilando os seus amigos. Era a miña veciña, vivía cos seus curmáns e irmáns nunha casa moi pobre. Un día achegouse para que lle fixese unha fotografía; mentres a fotografiaba, vacilábame todo o tempo e ao final fixo que rise sen parar creando unha das sesións máis divertidas da miña vida. Ao seu lado viña o seu curmán de 5 anos, presentoumo como “amigo chorador”, porque dicía que estaba todo o tempo chorando por parvadas. O "amigo chorador" ás veces choraba porque tiña fame. Estivemos 21 días xogando e paseando cada vez que nos encontrabamos, nunca a escoitei queixarse de nada e faltáballe de todo: comida, saúde, xoguetes…Un día, mentres paseabamos, compreille uns chupetes ( piruletas) nunha tenda que era un antigo contedor de barco; ao collelos achegouse a un neno que non coñecía de nada e regaloulle un dos doces, despois miroume e escachou a rir. Ensíname como ninguén o pouco que vou coñecendo o continente africano desde un punto de vista que nunca se emprega á hora de falar sobre África, desde o sorriso, desde a esperanza, desde a ilusión..., xa que a pesar de moitos é un lugar de alegría e humor.

4 comentários:

  1. Genial, maravillosa historia, sin comentarios.
    :-)
    Gracias por compartirla.
    Saludos.

    ResponderExcluir
  2. miraveles5/12/2009

    Cara bonita e corazón bonito.

    ResponderExcluir
  3. nen@s de 1º de Baíñas5/15/2009

    Gustounos moito Nabela co seu sorriso.É unha historia moi bonita

    ResponderExcluir
  4. gracias por mostrar con esta historia como el pueblo africano vive su día a día con esperanza, sonrisa y solidaridad. Los que hemos estado allí lo sabemos de primera mano, lo hemos visto y olido y nuestros hijos africanos nos lo recuerdan diariamente. Gracias por mostrarlo desde aquí a todos.

    Saludos.

    ResponderExcluir

Conta algo...