06/10/2009

ENFOCA, PULSA E GRAVA UN VÍDEO...

Falar diante dunha cámara ten a súa dificultade, enfocar coa cámara web traballa a coordinación óculo-manual, por último pulsar para dar comenzo e remate a unha gravación precisa atención...unha actividade ben completiña e sinxela a que estamos a facer nesta semán no Encerado Dixital Interactivo,  para mostra neste vídeo podedes ver un exemplo da mesma.

E pronto veremos os resultados das gravacións!!!



2 comentários:

  1. Imos ter que empezar a formar unha productora para dar paso a tanto director como imos ter.
    As miñas felicitacións.

    ResponderExcluir
  2. Pois a verdade é que a linguaxe visual forma parte da vida cotiá dos nenos e nenas o que fai moi importante a súa alfabetización desde os primeiros anos escolares, en fin xa sabes a miña paixón polas tics e a súas aplicacións educativas que son moitas.
    Grazas a tí por deixar os teus comentarios que sempre nos animan.

    ResponderExcluir

Conta algo...