28/01/2009

ALZA A TÚA MAN CONTRA O CASTIGO CORPORAL

Un novo vídeo para o noso videoblog.

19/01/2009

O SON DA CHUVIA

Aprender de memoria unha poesía, reproducir sons ou o xogo teatral son actividades de expresión que forman parte da dinámica das aulas de infantil, un exemplo deste tipo de actividades é a que estamos a facer coa poesía ¡PLIN! ¡PLIN! ¡CLAN!.
No blog irán aparecendo gravacións de son, ilustracións relacionadas coa poesía e feitas na clase, algunha foto...para que se poida apreciar o desenvolvemento da actividade, e tamén, para que dende as casas poidades compartir estas experiencias cos vosos nenos e nenas.



Gravación feita na 1º sesión da actividade nas aula de 3 anos .




15/01/2009

UNHA CASA PARA MENTA


Un novo blog na nosa blogosfera, UNHA CASA PARA MENTA, que nos achega a comunidade educativa de Cee.
Unha oportunidade para compartir experiencias.

13/01/2009

OS NENOS E NENAS DE BAIÑAS VISITAN O AULA BLOGUE

Onde está Baíñas?
Unha das cousas que máis me gusta de ter aberto o blog é que facilita o contacto con outras comunidades educativas, neste caso cos nenos e nenas de 1º do Ceip de Baíñas, que tamén teñen un blog coñecido por nós PASIÑO A PASIÑO.

Na visita que fixeron deixaron un comentario:

nenas e nenos de Baíñas

Gustounos moito este poema e sobre todo o video da lúa.

un saúdo para o voso blog

1/13/2009


Na última visita ao PASIÑO A PASIÑO estivemos vendo as fotos da nevada que nos gustaron tanto que as imos poñer nesta entrada.

Neve en Baiñas


12/01/2009

¡PLIN! ¡PLIN! ¡CLAN!

Un fermoso poema para comezar o novo ano.

¡
Plin! ¡Plin! ¡Clan!

Os paraugas

de mil cores
veñen, van.

Unha pinga
moi redonda
nos fuciños
do meu can.

¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!

Docemente
chora a nube,
molla o chan.

¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!

Os rapaces,
algareiros,
empezan
a chapuzar.

¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!

Chove moito,
moito chove,
non ten trazas
de parar.

E nas pozas
e os tellados
só se escoita o

¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!

Un texto atopado no libro:
POLA RÚA DOS VERSOS
Ana Mª Fernández
Adriana Exeni
Ala Delta
Editorial Edelvives




07/01/2009

12 PELIS PARA OS PEQUES

CICLO DE CINE
Os sábados de xaneiro, febreiro e marzo de 2009.
Ás 18:00 h
Tríptico 12 Pelis Para Os Peques