Mostrando postagens com marcador Axenda cultural. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Axenda cultural. Mostrar todas as postagens

04/12/2009

GUIA DO CEO EN DECEMBRO E COSMICONTOS


"O sábado 5 e o domingo 6 de decembro os máis novos teñen unha cita ás 17 horas na Casa das Ciencias. Da man do grupo Chévere celebraranse Cosmicontos, sesións especiais de teatro co planetario como fondo pensados para nenos entre 4 e 10 anos. É unha actividade co patrocinio da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación, Xunta de Galicia".



fonte: A Coruña Cultura

01/10/2009

CICLO DE ANIMACIÓN NA LUÍS SEOANE.

Ten moi boa pinta, e de paso podemos  dar un paseo virtual pola fundación Luís Seoane.
ciclo_animacion

16/06/2009

LABAÑOU, UN BARRIO DE CINE.

Hai 50 anos que se gravou a película EL ANDAMIO (1958) en Labañou.
Agora rescatada e restaurada poderemos vela, xunto cun documental sobre a mesma, este xoves 18, as 8 da tarde, no MACUF.

29/05/2009

ACTUACIÓN DE MAMÁ CABRA NAS CONCHIÑAS!!!

Sábado 30:

Carpa na Praza das Conchiñas. Entrada de balde

11:00.- Animación de rúa a cargo de Manicómicos

11:45.- Xogos

12:45.- Actuación musical. Pablo Díaz: “Tic-tac”

17:00.- Teatro de monicreques. “Albízaras”, da compañía Falcatrúa

18:15.- Actuación musical. Mamá Cabra

Organiza: Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística e Concellaría de Cultura

05/02/2009

07/01/2009

12 PELIS PARA OS PEQUES

CICLO DE CINE
Os sábados de xaneiro, febreiro e marzo de 2009.
Ás 18:00 h
Tríptico 12 Pelis Para Os Peques

04/11/2008

MÚSICA ANIMADA


Programación de música animada para toda a familia no MACUF.

21/10/2008

XOGOS AFRICANOS :ACTIVIDADES FAMILIARES NO MACUF

Para nenos e nenas de 3 a 10 anos, acompañados de adultos.

18/10/2008

CICLO DE TEATRO INFANTIL:TODO PÚBLICO


"A programación abarca un total de oito espectáculos procedentes de Galicia, Italia, Holanda e Arxentina clasificados por tramos de idade (maiores de 3 anos, 5, 6 e 7). O obxectivo do programa consiste en ofrecer unha programación de artes escénicas (de teatro, teatro-circo, danza e monicreques) a toda a poboación infantil.

O ciclo vai dirixido a dous públicos distintos: a familia durante as fins de semana e os escolares nos días lectivos. Neste sentido, para esta edición, teñen xa confirmada a súa asistencia un total de 68 centros de ensino da Coruña e da súa área metropolitana, o que supón un volume de espectadores de ao redor de 15.000 nenos e 850 profesores."



14/10/2008

UN TALLER INTERESANTE

Cociña con pintura, unha mestura que apetece.

04/10/2008

HISTORIAS DE CINE PARA NENOS E NENAS


Sábado 11 as 18h.
Kirikú e as bestias salvaxes.

No CGAI
"Iniciativa de periodicidade mensual que, dirixida aos máis novos e contemplando a versatilidade e posibilidades de aprendizaxe a través do cinema, terá continuidade nas próximas programacións do CGAI, celebrándose as seguintes proxeccións os dias 15 de novembro e 20 de decembro".
Esta pelicula está no catálogo da biblioteca do colexio.