CICLO DE TEATRO INFANTIL:TODO PÚBLICO
"A programación abarca un total de oito espectáculos procedentes de Galicia, Italia, Holanda e Arxentina clasificados por tramos de idade (maiores de 3 anos, 5, 6 e 7). O obxectivo do programa consiste en ofrecer unha programación de artes escénicas (de teatro, teatro-circo, danza e monicreques) a toda a poboación infantil.
O ciclo vai dirixido a dous públicos distintos: a familia durante as fins de semana e os escolares nos días lectivos. Neste sentido, para esta edición, teñen xa confirmada a súa asistencia un total de 68 centros de ensino da Coruña e da súa área metropolitana, o que supón un volume de espectadores de ao redor de 15.000 nenos e 850 profesores."
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Conta algo...