19/02/2009

PINTORAS E PINTORES

Chega o tempo do Entroido e no "cole azul" xa están rematando os disfraces que este ano son moi vistosos.
Nós, no encerado dixital tamén nos transformamos en pintoras e pintores seguindo a POLLOCK
e usando a aplicación que ten o mesmo nome no apartado de recursos do AULA BLOGUE.
Aquí vos deixo imaxes da actividade.

13/02/2009

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

O noso videoblog non para de medrar con "tesouros " que van aparecendo na rede.
A flor máis grande do mundo descubriumo Elena Ramos (nai de dous alumnos do colexiio) como xa fixo noutras ocasións.
Grazas Elena!!!... e xa sabes a seguir compartindo.

11/02/2009

COUSAS DO COLE

Un novo blog na blogosfera do colexio: cousas do cole

"Este blog nace coa intención de trasladar un pouco de información xeral sobre o funcionamento e os distintos estamentos dun C.E.I.P. (Centro de Ensino de Infantil e Primaria) e tamén máis concretamente co relacionado no C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán."


Pouco a pouco a comunidade virtual do noso colexio vai medrando e mostrando a diversidade que a conforma, cada publicación (blogs, webs...) que se abre é unha oportunidade de compartir e polo tanto unha moi boa nova.
Parabéns a Arturo que é o autor do blog, membro do Consello Escolar en representación das nais e pais.

07/02/2009

CANDO O TEMPORAL ARRECIA O MELLOR É ...

¡Un conto!
Como os que escribía Hans Christian Andersen .
Escoitade a Hans en directo desde Dinamarca.


Información compartida por Elena Ramos.




05/02/2009