03/10/2010

NOVAS DO "AULA BLOGUE" PARA O CURSO 2010/2011

Un novo curso sempre vai acompañado de cambios no blog, relacionados coa organización dos contidos e para facilitar a navegación polos mesmos:
- PROXECTO TOUPIÑAS:
Lembrades que o curso pasado a toupiña chegou a Polonia e nos contaba o conto en polaco, que ben a entendiamos!!!,  tamén é verdade que sabemos o conto de memoria, pois este curso seguirá viaxando na busqueda de outras escolas, que falan noutras linguas e mostrando todo aquilo que vaia atopando na súa viaxe.
- OS CONTOS CONTADOS: Espazo en construción adicado as lecturas que facemos na aula, no que irán aparecendo as actividades relacionadas coas mesmas,  polo dagora xa sabedes que FREDERICK é o conto do mes.
- NENAS, NENOS, GRILOS, CANCIÓNS, POESÍAS  e a saber cantas cousas máis:  espazo en construción creado para facer o seguimento das actividades relacionadas coa expresión oral, dramatización e movemento.
Queda algunha novidade máis da que xa vos irei informándovos un pouco máis adiante.
E por suposto seguiremos co CAPTURANUBES TV!!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...