24/01/2014

SEÑOR GATO, POEMA DE MANUEL MARÍA, DO LIBRO: OS SONOS NA GAIOLA.

 SEÑOR GATO
SEÑOR GATO: 
ATENCIÓN;
NO RINCÓN
HAI UN BURATO;
NO BURATO 
ESTÁ O RATO
CALADIÑO,
ACOCHADIÑO,
SEN FALAR
NEN RESPIRAR.
SEÑOR GATO,
PON SENTIDO,
QUE METIDO 
NO BURATO
ESTÁ O RATO.
SEÑOR GATO:
ESTÁ O RATO 
NO BURATO
DO RINCÓN:
TEN NUN PUÑO 
O CORAZÓN!
NON DUBIDO 
SEÑOR GATO 
BIGOTUDO
QUE ESTÁ O RATO 
NO BURATO.
TEN AS UNLLAS 
AFIADAS,
CRAVUÑADAS,
PREPARADAS:
BULE AXIÑA
QUE SENÓN
SEÑOR GATO 
BIGOTÓN,
DO BURATO 
FOXE O RATO!
             MANUEL MARÍA.

4 comentários:

  1. Anônimo1/24/2014

    POESIA

    Caeu un copo de neve, e un enfriouse. Facia tanto frio q conxeleime. Tanto frio q fai conxelaronse as ventás. E viño un mónstruo de neve. Correde lexos do mónstruo. Frio teño moito frio.

    Elaji.

    ResponderExcluir
  2. Anônimo2/06/2014

    Este blogue


    Este blogue

    No bicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra

    A Branca-Petra do Courel

    NO bicarelo do bico do brelo
    canta o paxariño.
    No mesmiño
    bicarelo do bico do brelo.

    ALEX4

    ResponderExcluir
  3. Unha das poesías que máis me gusta de Uxio Novoneyra. Moi ben traída, Alex. Que che parece se a aprendemos cando chegue a primavera?

    ResponderExcluir

Conta algo...