19/04/2008

ARDORA

"Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 34 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora so debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e o arquivo (applet de Java) que contén a actividade, ahora so precisará un navegador para visionar e poder realizar o exercicio diseñado.
Con esta aplicación estamos traballando na nosa clase e as actividades resultan moi motivadoras, xa que permiten que sexan protagonistas @s nen@s , utilizando fotos súas entre outras cousas."
Quen queira ter as actividades ARDORA no ordenador ten que descargar o programa(DESCARGA ARDORA) e traer á clase unha memoria USB.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...