15/04/2008

AS NUBES VIAXEIRAS

O 24 e 25 de Abril comezamos a gravación do vídeo “ AS NUBES VIAXEIRAS” , do que xa falamos con detalle na xuntanza que tivemos o luns 7 de Abril.

Un pequeno resumo do que vai suceder :
“Ó aeroporto internacional Emilia Pardo Bozan chegan de diferentes partes do mundo algúns dos compoñentes da compañía de danza “nubes viaxeiras”, que teñen unha actuación no monte de San Pedro ( outros compoñentes chegaran por outros medios). Alí xa os están está esperando para acompañalos o seu destino un representante dunha axencia de viaxes , tamén hai no aeroporto outras persoas que esperan a estes viaxeiros......”

Aínda que xa falamos algo da organización, penso que se vos plantexan un montón de dubidas que espero poder aclarar , a min ocorrenseme estas:

-¿Como acertar coa roupa que precisa cada personaxe?
Con imaxinación e botando man do que se ten polas casas.

¿Que facer se non atopamos algunha cousa que nos pareza importante?
Comentalo canto antes para buscar unha solución , que seguro que existe.

¿Como traemos a roupa e a quen lla entregamos?
O mellor é que a traiades nunha bolsa co nome por fora.
A roupa e os complementos é importan que veñan marcados de forma que se sepa claramente de quen son para evitar confusións .
Para entregala o mellor e falar con Karina (nai de Eloy) ou traela directamente á clase.

¿Cantos días imos gravar?
O calendario de gravación é o seguinte.

DATAS e LUGAR:

24/25- ABRIL
COLEXIO
8/9- MAIO
COLEXIO
31- MAIO
MONTE DE SAN PEDRO


Este calendario , salvo imprevistos, é importante que se cumpla, para que nos quede tempo e poder editar o vídeo o mellor posible.

¿A que hora tedes que vir o día da gravación?

Cada neno/ nena levará o seu horario dous días antes para que non teñan que esperar demasiados e poder vestilos, maquillalos e peinalos sen apuros.

Calquera outra dubida que se plantexe podedes consultala persoalmente, a través de comentarios no AULA BLOGUE ou en capturanubes@gmail.com.

Um comentário:

  1. María, xa vexo que sigues coma sempre ,traballadora e con moitas ideas xeniales.
    Non cambies!!
    Recibe os saúdos de Mari Carmen
    Vázquez ( Malpica)

    ResponderExcluir

Conta algo...