15/11/2008

COUSAS DE PRIMARIA


Aumenta a comunidade virtual de edublogs na cidade, e polo tanto a comunicación e o intercambio de experiencias educativas.
Cousas de primaria é o edublog de Rafael de la Torre, mestre e director do colexio Raquel Camacho : "Edublog...onde aparecerán realidades do día a día".
Parabéns!!!



No cousas de primaria vese que tamén andan preocupados polas andanzas do gato pelado
(xa sabedes que anda escapado ), e polo visto anda por Vigo.
Na foto que conseguiu Rafa parecese, aínda que con este gato nunca se sabe , o que vou facer é preguntarlle os nenos e nenas de 3 anos a ver que opinan.
Como é un gato moi viaxeiro pode estar en calquera sitio, se o vedes non dubidedes en informarnos e se podedes sacarlle unha foto, xenial!!!


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Conta algo...