20/11/2008

j´ai besoin de la lune- XOGANDO COA LÚA

Compartir experiencias a través dos blogs é algo que nos permite Internet e aínda que no edificio de infantil a conexión é precaria, na aula do E.D.I. vai funcionando e nós podemos ver o que fan noutras aulas e aprender.
No "Sereas sen cadeas" non paran, son unha fonte de inspiración e información para nós.

Seguimos a xogar coa lúa e desta vez acompañanos unha preciosa canción francesa: j´ai besoin de la lune (Manu Chao).


Xogando a mover a lúa con un puzle atopado en Sereas sen cadeas.





Compartir fotos tamén nos inspira.

Xogando a poñerlle cara á lúa
con unha foto que comparte Rafa Torre.


Um comentário:

  1. E tedes outra versión da mesma canción (tamén por Manu Chao) neste enlace que vos deixo: http://boomp3.com/listen/c30i78pm5_6/05-besoin-de-la-lune-manu-chao

    ResponderExcluir

Conta algo...